ProposicionestransparenciaUrbaser

El PP critica que Lara Méndez hace oídos sordos a las reclamaciones vecinales y se niega a mejorar e intensificar la limpieza en los barios de Lugo

By 28 marzo, 2019No Comments

El Grupo Municipal del Partido Popular critica con dureza a posición tomada por Lara Méndez al negarse a poner en marcha un plan de limpieza urgente e inmediato para mejorar el aseo urbano en los barrios de la ciudad.

A limpeza dunha cidade é probablemente un dos eidos máis importantes, para os veciños e para os turistas que visitan a mesma. A mellor tarxeta de presentación e a mellor publicidade que un municipio pode mostrar é ser unha cidade limpa e pulcra.

En Lugo levamos anos vendo como a limpeza empeora ano tras ano. Ese punto de inflexión comezou trala folga do lixo na que o goberno socialista tivo, tristemente, unha deficiente actuación e, trala cal, vemos como Lugo nunca volveu a ser a mesma cidade, e a falta de limpeza e aseo en todos os barrios é o sinal de identidade deste goberno.

A ninguén se lle escapa que a limpeza da cidade é unha tarefa amplamente mellorable. A suciedade que se pode ver en calquer rúa da cidade non é algo alleo a ninguén. Vemos rúas nas que hai anos que non se baldea nin se limpa con auga a presión. A maleza e as herbas proliferan polas beirarrúas en diferentes zonas da cidade. Unha ausencia total de preocupación no que atinxe á limpeza nos últimos anos.

A isto hai que engadir as numerosas queixas dos lucenses polo nefasto estado no que se atopan os colectores de lixo. Boa parte deles absolutamente deteriorados e que non son útiles para os cidadáns polo seu nefasto estado de mantemento. Urxe unha renovación integral dos colectores do municipio.

É imprescindible trocar o modelo de aseo urbano de Lugo, pero esa é unha medida que, probablemente, xa lle corresponderá tomar ao goberno local que tome o mando do Concello de Lugo tralas eleccións municipais de maio. Pero mentres, o actual goberno local ten a obriga de autoesixirse un mantemento mínimo da limpeza urbana da cidade, así como un bo estado dos colectores de lixo, polo que urxe que este equipo de goberno encomende aos responsables da limpeza e aseo urbano unha mellora e unha campaña intensiva de limpeza na cidade, con baldeos mecánicos, retirada de herbas e maleza… así como a mellora e reparación dos colectores ata a reposición integral que se debería facer de xeito inminente.

Que a empresa que presta este servizo se atope sen contrato desde o 31 de marzo de 2017, pola desidia do goberno municipal, non quere dicir que non teña que realizar o traballo polo que cada mes cobran unha importante cantidade de diñeiro.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Instar ao goberno local a adoptar as medidas necesarias e urxentes para iniciar de xeito inmediato unha campaña intensiva de limpeza na cidade con baldeos mecánicos, retirada de herbas e maleza, renovación e posta a punto dos colectores do lixo e programación adecuada da limpeza en todos os barrios da cidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies