Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular lamentan la postura tomada por el PSOE y el BNG, que se negaron a permitir la creación de cinco mesas sectoriales para trabajar en conjunto en pro de la reactivación económica y social de Lugo trala crisis generada por el Covid-19.
Unha vez a situación sanitaria vai permitindo retornar á actividade, faise preciso que o Concello de Lugo, ao igual que outras Administracións no ámbito das súas competencias, colabore co tecido empresarial e social co gallo de permitir que a actividade, fundamentalmente económica, se normalice canto antes.
A actividade económica é vital para soster a nosa sociedade, si non somos quen de poñer a funcionar as pequenas e medianas empresas, o comercio, os autónomos, con axilidade, non haberá servicios sociais que poidan soster o noso Estado de benestar.
E para iso é necesario un esforzo conxunto de todos, de todas as Administracións, pero os concellos, como administracións máis próximas aos cidadáns, teñen a súa responsabilidade e tamén a súa oportunidade de amosar a súa utilidade.
É certo que o Concello de Lugo, sen necesidade de crear mesa algunha, pode adoptar medidas froito do acordo dos grupos municipais que formamos parte do Pleno ou incluso a iniciativa do Goberno Local, e de seguro que moitas delas serían acertadas, pero a realidade é moi complexa, porque as necesidades do comercio asentado no centro da cidade, por poñer un exemplo, non son as mesmas que as dos autónomos que se dedican aos servizos, ou dos que se dedican á cultura.
Por iso, na nosa opinión, e aínda concordando que moitos problemas serán comúns a todos eles, entendemos que o máis operativo para que as medidas que se poñan en marcha sexan efectivas, é escoitar aos sectores interesados, que sexan eles os que de primeira man manifesten os seus problemas e propoñan incluso medidas que poidan palialos.
Logo será necesaria, como é obvio, unha labor de coordinación e selección para ver que medidas son máis beneficiosas para o seu conxunto e poidan ser levadas adiante co apoio do Concello, porque a nosa pretensión non é recoller un decálogo de propostas por cada mesa que se quede simplemente niso: nun papel. Queremos que sexan medidas que se poidan poñer en marcha, consensuadas cos interesados e do xeito máis áxil posible.
Polo que nós temos percibido de moitos comerciantes, autónomos, e pequenos empresarios nestes días, hai medidas que os particulares poden acordar que serían positivas pero que precisarían dunha colaboración do concello para facilitar acordos entre as partes. Poñamos un exemplo, hai comerciantes, hostaleiros, que teñen locais alugados e que están a negociar cos propietarios, en moitos casos persoas que teñen no ingreso provinte do aluguer un complemento do seu soldo ou da súa pensión, unha condonación dunha parte do aluguer ou un aprazamento do mesmo. Pois ben, é posible que axudara a conseguir dito acordo que o Concello bonificase aos propietarios o IBI durante ese período de tempo de xeito que, si diminúen os seus ingresos, tamén o fagan os seus gastos.
Sería desexable poñer en marcha medidas de estímulo económico para evitar que as empresas que están tendo problemas de tesourería vexan aínda máis danada a mesma ao ter que aboar impostos ou taxas, moito máis no caso das taxas, cando o servizo que sufragan non foi usado polas empresas ou polos autónomos durante o tempo no que permaneceron pechadas.
Non parece xusto que locais que levan pechados case dous meses sen ter un só ingreso, se vexan obrigados a aboar integramente a taxa de subministro de auga, limpeza e recollida de lixo, cando non fixeron uso do citado servizo. É certo que hai unha parte de custo fixo do mesmo polo mero feito de ter a dispoñibilidade, pero non é menos que por elementais razóns de xustiza tería que ser o concello o que sufragase o citado custo.
É certo tamén que o concello de Lugo puxo en marcha o Plan Reanima, pero non é menos certo que a tramitación do mesmo levará o seu tempo, máis do que sería desexable, e iso motivará que haxa empresas que terán serios problemas para atender as súas obrigas fiscais dado que levan moito tempo sen ingresos mentres que os gastos mantéñense case na súa totalidade.
Pode darse incluso o paradoxo que algún pequeno comercio, algún local de hostalería, etc. non sexa quen de atender os recibos que o propio concello lle emita, moito antes de que poida ter na súa conta a axuda que lle poida corresponder no devandito Plan.
Noutros casos non se trata tanto de axudas económicas directas como de facilitar xestións ou axilizar os pagos aos provedores de xeito que sexa norma habitual do Concello, non un feito puntual. En definitiva, eliminar atrancos que supoñen para as empresas unha perda importante de tempo e oportunidades.
É importante avanzar na dixitalización real do Concello de Lugo de xeito que a tramitación telemática sexa unha realidade, e as licenzas e autorizacións non supoñan un retraso á actividade económica.
Hai medidas que é necesario adoptar xa porque para moitos negocios calquera pequeno retraso suporá a diferencia entre subsistir ou non.
Por exemplo a hostalería e o turismo en xeral, cuxa afección logo da inevitable cancelación do Arde Lucus é moi seria. Pero estamos ás portas do verán, e si se perde, para moitos deles será un peche seguro. Por iso hai que escoitalos e poñer en marcha medidas canto antes.
Unha situación similar pasa coas pequenas empresas e autónomos, con especial incidencia nas empresas da construción e afíns polo traballo que empregan, e que, aínda que algunha medida xa se adoptou neste eido, é necesario poñer en marcha medidas para que se incremente a actividade canto antes. Neste sector en concreto tamén nos atopamos nun momento no que adoita ter, pola súa forte estacionalidade, unha importante carga de traballo, de ahí que sexa necesario axilizar as obras públicas pendentes e, por outro lado, facilitar que se leven adiante as de promoción particular.
No eido social é importante anticiparse ao que por desgraza vai a suceder, que vai a ser unha maior demanda dos servizos sociais municipais, por iso se fai preciso escoitar aos colectivos que traballan nese ámbito de xeito que o Concello sexa capaz de dar resposta axeitada as necesidades, xa sexa aumentando os fondos e tamén aumentando o persoal.
Neste ámbito podería ser interesante, para complementar os recursos do Concello, buscar a colaboración de empresas privadas de xeito que poidan achegar recursos materiais que poidan servir para paliar determinadas situacións, como por exemplo a doazón de equipos informáticos para familias máis desfavorecidas, ou incluso a negociación con operadoras de telefonía de xeito que poidan ceder gratuitamente plans de acceso a internet para os colectivos que o precisen.
No ámbito rural é certo que o impacto da situación foi menor que noutros ámbitos, de todos os xeitos o impacto foi desigual e houbo sectores que resultaron máis afectados ca outros pero, en todo caso, estamos diante dun cambio nos hábitos de consumo dos lucenses que, coa axuda de todas as Administracións, pode pasar de ser puntual a converterse en algo definitivo que permitiría sen dúbida unha oportunidade para o noso rural.
Iniciativas como “Mercaproximidade”, posta en marcha pola Xunta de Galicia, callaron un tremendo éxito, o que pon de relevo que a xente valora a calidade dos nosos produtos de cercanía, por iso é necesario poñer en marcha iniciativas para que a demanda dos mesmos se manteña, xa sexa na compra pública que poida facer o concello (nos pregos de licitacións que leven aparellada a compra de produtos de alimentación) como, sobre todo, fomentando o consumo privado.
A colaboración do concello con pequenos produtores pode ser unha grande axuda para moitos deles, incluso pode permitir asentar poboación no noso amplo rural, e pode tamén ser un revulsivo para o Mercado e a Praza de Abastos que, por desgracia, levan anos esmorecendo.
Precisamos poñer de novo en marcha sectores como o cultural que tamén viu truncada a súa marcha coa perda do Arde Lucus, máxime cando estamos a piques de comezar o verán que tampouco é a mellor época para este tipo de actividades, sobre todo as que son de iniciativa privada.
E, como os anteriores, moitos máis sectores que precisan de axuda, pero sobre todo precisan que o Concello os escoite porque ninguén mellor ca eles mesmos para coñecer as súas necesidades.
Nós debullamos algunhas ideas, pero seguro que as que poidan achegar os colectivos serán máis acaídas para cada un deles, de ahi a nosa proposta de creación de mesas sectoriais, que sexan áxiles, cun plan de traballo claro e conciso de xeito que non se eternicen e en pouco tempo sexan quen de tirar conclusións para recuperar o pulo da nosa cidade.
Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular que suscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
A creación de cinco mesas sectoriais para a reactivación económica e social da cidade de Lugo, en concreto nos seguintes ámbitos:
- Turismo, hostalería e comercio.
- Rural.
- Cultura, educación e deporte.
- Social.
- Pequenas e medianas empresas.