EconomíaProposiciones

El pleno respalda la proposición del PP para establecer rebajas fiscales que fijen la población en el rural

By 23 febrero, 2017No Comments

Uno de los principales problemas que tienen las zonas rurales es el despoblamiento y la falta de dotaciones por lo que es necesario que, por parte de las Administraciones Públicas, se adopten políticas encaminadas a fijar población y poner en valor la recuperación del patrimonio construido.

Nese senso a Xunta de Galicia pretende impulsar o asentamento de persoas nestas áreas a través do programa “Impostos Cero” para a adquisición de vivendas nas zonas rurais pouca poboadas eximindo do pago do Imposto de Transmisións Patrimoniais e  Actos Xurídicos Documentados.

A zona rural do Concello de Lugo ten un peso específico na configuración do seu territorio conformado por un total de 54 parroquias, polo que o Goberno Local debe tamén colaborar coa adopción dun paquete de medidas fiscais que complemente as adoptadas pola Xunta de Galicia.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

  1. Que se estude a posibilidade de establecer unha bonificación de ata o 90% na cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles tradicionais que se rehabiliten na zona rural de Lugo, durante os tres períodos impositivos consecutivos seguintes ao remate das obras.
  2. Que se estude a posibilidade de establecer unha bonificación de polo menos o 50% no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras e na Taxa pola Prestación de Servizos Urbanísticos das edificacións tradicionais da zona rural.
  3. Que se estude a posibilidade de establecer unha bonificación do 95% na Taxa por Licenzas de Apertura de establecementos así como na Taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas e declaracións responsables na implantación de actividades nas edificacións tradicionais rurais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies