Medio AmbienteProposiciones

El PP consigue el compromiso del pleno para realizar la ampliación y mejora de los parque periurbanos del Concello de Lugo

By 28 junio, 2018No Comments

El Grupo Municipal del Partido Popular consiguió la aprobación del pleno del Concello de Lugo para que se complete el cinturón verde de Lugo y que, aprovechando la financiación europea del Muramiñae y los presupuestos municipales y provinciales, se impulse la red de senderos peatonales y de bicicletas utilizando el río Miño como vertebrador de este proyecto de acondicionamiento de espacios seguros de ocio, deporte y esparcimiento.

Despois de 19 anos sen incrementar nin un só metro cadrados nos parques periurbanos do noso municipio faise necesario un esforzo tanto do Concello de Lugo como da Deputación Provincial para ampliar e mellorar as condicións do Parque do Rato e do Miño, onde hai competencias compartidas entre ambas Administracións.

A consolidación dun gran parque periurbano é un dous obxectivos básicos para a nosa cidade e deste xeito atender ás necesidades recreativas e de ocio da poboación lucense, nese senso faise necesario completar os Paseos do Miño e do Rato unindo ambos a través da adquisición duns 39.000 metros cadrados que na actualidade presenta un estado selvático, fortalecendo desta forma un anel verde en Lugo que permitiría contar cun percorrido continuo e dotar a cidade dunha zona nova de esparcemento onde se deberían acondicionar sendeiros, instalacións deportivas e de ocio o aire libre, como parques de exercicio activo.

Por outra banda, é necesario mellorar a funcionalidade dos Paseos xa existentes creando unha senda protexida para ciclistas e peóns e dotando de iluminación ao Paseo de Ombreiro nun treito de aproximadamente 2,7 quilómetros. Esta zona da cidade é utilizada habitualmente para a práctica de deporte, pero trátase dun tramo que non está exento de perigos pola velocidade coa que circulan os vehículos por esta vía, e pola falta de espazos para peóns, situación que se corrixiría coa creación dunha senda protexida para os usuarios, igualmente ao dotar esta senda de iluminación permitiría o uso dun horario máis amplo, especialmente nas estacións de outono e inverno.

Por úlltimo, coa finalidade de manter os camiños interiores e o mobiliario do parque periurbano en perfecto estado, é preciso elaborar un Plan Estratéxico para garantir o mantemento periódico dos parques periurbanos, así como homoxeneizar a cartelería e o mobiliario urbano que se instale en todo o cinto verde.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar a:

Que o Concello de Lugo en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo:

 

  1. Inicien as xestións oportunas para a adquisición das parcelas sitas entre o Paseos do Miño e do Rato coa finalidade de completar o parque periurbano, dotando a Lugo de aproximadamente de 39.000 metros cadrados máis de zonas verdes.
  2. Doten de iluminación ao Paseo de Ombreiro, creando ademais unha senda protexida para ciclistas e peóns.
  3. Elaboren un Plan Estratéxico de mellora e mantemento dos Paseos do Miño e do Rato

 

 

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies