Los populares consiguieton el apoyo de todos los grupos del pleno (Lugonovo, Ciudadanos, BNG y ACE-Eu) excepto el PSOE, que optó por la abstención, para dotar de saneamiento y abastecimiento a los vecinos de Conturiz y Cardoso, en San Mamede dos Anxos.
A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local, establece no seu artigo 26 que os Municipios deberán prestar, en todo caso, os servizos de abastecemento domiciliario de auga potable e rede de sumidoiros, sobre a base destes preceptos legais o Concello de Lugo ten a capacidade, así como a obriga de prestar determinados servizos entre os que se encontra os anteriormente citados.
O Concello de Lugo para a parroquia de Conturiz conta cun proxecto para dar servizo de auga a un grupo de varias vivendas, quedando fora do mesmo un total de 12 vivendas sitas na pista de Riba de Muro (Santo André) e no Camiño de San Amaro, e tres vivendas que se atopan na contorna da fonte de Conturiz. Esta obra sería sinxela de acometer xa que estamos a falar dun total de 350 metros de canalización.
Por outra banda, no lugar de Cardoso a cometida de auga se atopa na entrada do pobo, polo que se podería dar servizo a un total de seis vivendas que agora mesmo non o teñen, neste caso habería que realizar unha obra para instalar 200 metros de tubaxe cos enganches necesarios para dar servizo ás seis vivendas, e aproveitando que hai que levantar a pista deberíamos aproveitar para realizar o saneamento deste pobo que consistiría en meter unha rede dende o pobo ata a canalización que baixa de San Mamede dos Anxos, máis ou menos á altura de Barxa que se pode levar pola pista de terra existente, e non necesitaría ningún tipo de bombeo nin outro tipo de medidas, xa que ten suficiente pendente para ir por gravidade.
Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:
- Dar servizo de abastecemento aos veciños de Conturiz que residen na pista de Riba de Muro (Santo André), Camiño de San Amaro e as vivendas de arredor da fonte de Conturiz para deste xeito cerrar o ciclo da auga nesta zona.
- Dotar de saneamento e abastecemento de auga aso veciños de Cardoso, para paliar os problemas de sequía que padecen on verán e o mesmo tempo sanear este lugar.