PoliciaProposicionesSeguridad

El PP consigue la unanimidad del pleno para instar a Interior que destine a Lugo nuevos agentes de la Policía Nacional

By 28 febrero, 2019No Comments

El Grupo Popular consiguió la unanimidad del pleno para que la corporación en bloque apoyara una iniciativa destinada la que el Ministerio de Interior había dado vuelta atrás en su idea de dejar a Lugo sin refuerzos en el cuerpo Nacional de Policía.

O Corpo Nacional de Policía é unha peza clave do noso Estado de Dereito, prestando un servizo público que proporciona seguridade, contribuíndo ao benestar e á calidade de vida das persoas. O seu papel resulta decisivo ao ter asignadas como principais funcións, entre outras moitas, o coidado do libre exercicio dos dereitos cidadáns, o mantemento da orde pública, a protección de bens e servizos, a persecución do delito, a colaboración coa Xustiza para o cumprimento da lei ou os labores de cooperación e coordinación con outras institucións e entidades públicas para garantir a protección civil en todo tipo de situacións onde se poida ver comprometida a seguridade da poboación.

Tendo en conta a súa transcendencia, resulta prioritario prestarlle unha atención especial para garantir a súa presenza, así como a súa maior inmediatez e eficacia no desenvolvemento das súas funcións.

Ao longo dos case dous séculos da súa historia, o Corpo Nacional de Policía foi adaptando a súa estrutura organizativa e territorial, para tratar de satisfacer as necesidades do conxunto de España. Deste xeito, a Comunidade galega conta hoxe, ademais da Xefatura Superior de Policía de Galicia e dun unidade específica adscrita á Xunta de Galicia, cunha extensa rede de comisarías e dependencias da Policía Nacional radicadas nas capitais de provincia, en grandes cidades e nalgunha cabeceira de comarca, atendendo ás necesidades do servizo e ás demandas da poboación. Segundo os datos da Dirección Xeral da Policía, dependente do Ministerio do Interior, o Corpo Nacional de Policía atende directamente en Galicia a unha poboación de 1,1 millóns de habitantes, radicados no contorno das áreas urbanas, o que representa arredor dun 43% da poboación galega.

Pero o despregue territorial de comisarías e dependencias policiais na actualidade non vai acompañado da dotación de efectivos que serían necesarios para unha correcta prestación dos servizos. As carencias de persoal afectan ás seis sedes que a nivel autonómico ten a Unidade Adscrita á Xunta de Galicia, e asemade a todas as comisarías galegas dependentes da Xefatura Superior de Policía de Galicia, que viron como as necesidades foron aumentando na última década polo incremento das súas funcións (delitos telemáticos, violencia de xénero e violencia dentro do fogar…), a redución das prazas convocadas e tamén pola falta de reposición de efectivos.

Sen embargo, un incremento do número de efectivos redundaría non só nunha maior prevención da comisión de actos delictivos, senón que tamén, con carácter particular, conlevaría que millorase a ratio de axentes adicados a garantir a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Á vista desta situación, que en maior ou menor medida afecta a todas as comisarías que dependen da Xefatura Superior de Policía de Galicia e á propia Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma, con incidencia no desempeño das súas funcións e polo tanto cunha repercusión negativa para o conxunto da cidadanía, o Grupo Municipal Popular do Concello de … solicita ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:

1. Instar ao Ministerio do Interior do Goberno de España a que nas próximas convocatorias de novas prazas e de concurso de méritos se contemple a cobertura dun número suficiente de prazas vacantes de axentes da Policía Nacional para atender as carencias de persoal que sofre a Comisaría de Policía.
2. Instar ao Ministerio do Interior do Goberno de España a convocar con urxencia un concurso específico de méritos, para dotar de novos efectivos á Unidade do Corpo Nacional de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito qe se lle permita seguir desempeñando con garantías as súas tarefas actuais.
3. Dar traslado deste acordo ao Goberno da Nación e á Xunta de Galicia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies