Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular lamentan y critican la postura tomada por socialistas y nacionalistas, negándose a escuchar calquer propuesta que llegue de los populares, y que en este caso derivó en un rechazo de la propuesta realizada por el Grupo Popular para reforzar los servicios sociales para atender el incremento de la demanda fruto de la crisis sanitaria y económica.
A crise sanitaria na que aínda nos atopamos vai remitindo co esforzo de todos, pero por desgraza hai moitas persoas, algunhas delas lucenses, que non puideron superar esta pandemia. Vaia para elas o noso recordo e o noso respecto.
Pero os efectos da pandemia non son só sanitarios. Está xa tendo uns efectos económicos demoledores e que, si non se adoptan as medidas axeitadas serán dificilmente superables para moitos lucenses que aínda non se recuperaran da anterior crise. E neste caso no se poderá dicir que eran imprevisibles.
Por iso é necesario anticiparnos, aquí si que podemos saber o que, por desgracia vai pasar, e o sabemos porque xa está pasando.
Hai moitos lucenses en ERTE´s, moitos deles non por forza maior senón por causas produtivas que estenden os seus efectos máis aló do verán, pero que no último trimestre do ano cabe a posibilidade de que o emprego non recupere as taxas que todos desexamos, co que iso pode significar. Haberá tamén pequenas empresas que se vexan abocadas ao peche, autónomos que non sexan quen de facer fronte aos custos fixos da súa actividade e non poidan seguir adiante. O verán será o último salvavidas para moitos autónomos ou pequenos comerciantes e, si non é como esperan, á volta do mesmo veranse abocados ao peche.
Nesas datas rematan tamén as axudas ao alugueiro que, en forma de créditos, se aprobaron con motivo da crise do COVID-19, de forma que aqueles que sigan tendo problemas económicos xa non disporán das mesmas para abonar o alugueiro.
No último trimestre do ano é tempo de gastos importantes para as familias, o retorno ao colexio, que pode ser especialmente complicado para os máis desfavorecidos si se poñen en marcha medidas de educación a distancia, precisamente pola súa precariedade de medios, a propia situación climatolóxica que fai que se incrementen os gastos enerxéticos, etc.
Polo tanto é posible que nos atopemos cun último trimestre de ano con moita demanda nos servizos sociais do Concello.
Por todo o anterior cremos que é necesario reforzar na medida do posible as partidas económicas destinadas a servizos sociais, tanto a emerxencia social, alugueiro, etc. , pero tamén se fai preciso reforzar o persoal do servizo e mellorar as relacións entre os traballadores e a responsable de área, xa que é o xeito de optimizar os recursos dispoñibles. Non é posible que pola mala xestión realizada polos responsables políticos, un servicio que nestes intres é básico e fundamental (sempre o é, pero na situación que estamos a vivir, o é máis), teña retrasos en citas e consultas. É o momento de deixar de lado desavenencias e traballar a reo para ayudar os nosos veciños a sair da situación na que nos atopamos do mellor xeito posible.
Á súa vez é necesario ter en conta as propostas que xurdan dende a mesa sectorial de servizos sociais que o Grupo Municipal do PP propuxo, posto que son as entidades que están día a día sobre o terreo as que mellor coñecen cales son as necesidades e as liñas de traballo que é necesario priorizar.
Esta situación que estamos vivindo tamén lle deu maior visibilidade a unha realidade coa que xa convivíamos, como é o importante número de persoas maiores que viven soas no noso municipio.
Pero soidade non pode significar desprotección, por iso temos que ter ferramentas para que noutra situación parecida, e incluso nunha situación de normalidade, os maiores do noso concello saiban que, se o necesitan, non están solos. Saiban que si o precisan, e dun xeito áxil e doado para eles, alguén do concello ou incluso voluntarios pero coordinados polo concello, se porán en contacto con eles.
Para iso o primeiro que se precisa é contar cun censo de maiores que vivan sós e que, por suposto, estean de acordo en figurar no devandito censo, deste xeito teriamos un punto de partida importante para incrementar a cobertura de servizos como a teleasistencia, en coordinación con outras institucións e entidades que xa o están facendo, ou para calquera outra medida que sirva para paliar a súa soidade e a súa vulnerabilidade.
Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular que suscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- O incremento das partidas orzamentarias destinadas aos servizos sociais en xeral, e en particular, as axudas ao alugueiro, emerxencia social, etc.
- O reforzo de persoal nos servizos sociais, así como a utilización íntegra das 10.027 horas de SAF extraordinarias e gratuítas que lle foron adxudicadas pola Xunta de Galicia mentres dure a alerta sanitaria.
- A elaboración dun censo de persoas maiores que viven solas e a implantación do servizo de teleasistencia de xeito que poida cubrir a todas aquelas persoas que o soliciten.