Pese a los votos en contra de PSOE y Lugonovo, el Partido Popular consiguió el apoyo del resto de grupos que forman el pleno para eliminar el puesto de Dirección General de Recursos Humanos que se creó a dedo en el Concello de Lugo.
No Pleno Ordinario celebrado o 30 de xuño de 2016 creouse o posto de xestión da Dirección Xeral de Recursos Humanos, xustificado na proposta da Alcaldía pola necesidade de promover os aspectos cruciais como o deseño dunha Relación de Postos do Traballo, a valoración dos postos de traballo e a aprobación dun plan de emprego que regularice a organización existente, a aprobación anual das ofertas de emprego público e a súa execución mediante as convocatorias de probas selectivas para o acceso o emprego público, a provisión de postos de traballo mediante a convocatoria dos concursos para prover de forma definitiva os postos existentes, a funcionarización do persoal laboral, a elaboración das listas para a cobertura interina nos supostos previstos legalmente, a implantación dun sistema de control de horario, a creación dun portal do empregado público, a actualización dos regulamentos e convenios en materia de persoal, así como un control e coordinación das produtividades e gratificacións, entre outras.
Posteriormente na Xunta de Goberno Local do 20 de xullo de 2016, acordouse o nomeamento da persoa responsable da Dirección Xeral de RRHH.
O Grupo Municipal Popular solicitou a comparecencia da Directora Xeral de RRHH que tivo lugar o pasado 22 de decembro e na que quedou constancia do incumprimento da inmensa maioría dos obxectivos fixados, nese senso hai que ter presente que o artigo 13.4 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de
outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así como o artigo 35.2 Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia sinala que ““o persoal directivo estará suxeito a avaliación baixo os criterios de eficacia e eficiencia, responsabilidade pola súa xestión e control de resultados en relación cos obxectivos que lles foran fixados”.
Á vista de que este cargo non acadou os resultados previstos, dende o Grupo Municipal Popular entendemos que a súa creación obedeceu máis a criterios políticos que de xestión, e tendo en conta que non cumpriu os obxectivos fixados, debe procederse á supresión do devandito posto directivo, e dado que foi o Pleno o que creou o posto, debe ser este mesmo Pleno o que o suprima.
Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Pleno a:
- Anular o acordo plenario número 7/122, do 30 de xuño de 2016, polo que se creou o posto directivo de Dirección Xeral de Recursos Humanos, adscrito á Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal.
- Suprimir o posto directivo de Dirección Xeral de Recursos Humanos, remitindo este acordo a Xunta de Goberno Local aos efectos oportunos e para que se proceda a revogación do nomeamento.