El Grupo Popular consiguió el apoyo de todos los grupos del pleno para aprobar la propuesta relativa a la dotación de agua potable y saneamiento a los vecinos de la rúa Miñato y adyacentes.
No Pleno celebrado o 7 de outubro de 2014 o Grupo Municipal Popular presentou unha Proposición que foi aprobada por unanimidade e na que se acordou “instar ao Goberno Municipal a que deseñe e constrúa as canalizacións necesarias para dotar de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros, ás vivendas e naves industriais situadas na rúa Miñato, Camiño das Regas e Cortiña do Monte e no seu entorno máis cercano”.
Transcorridos tres anos e medio deste acordo plenario os veciños das 21 casas e 3 naves desta zona da cidade, continúan sen os servizos básicos de abastecemento domiciliario de agua potable e rede de sumidoiros, o que pon de manifesto unha vez máis a falta de xestión dos goberno socialistas que son incapaces de resolver os problemas dos veciños/as da nosa cidade.
Naqueles intres o Grupo Municipal Popular sinalaba que as obras que se solicitaban poderían realizarse dunha forma sinxela, porque se estaban a executar obras de ampliación do abastecemento de auga na cidade ralizadas por Acuanorte e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Por todo elo, o Grupo Municipal do Partido Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
Instar ao Goberno Municipal a que deseñe e constrúa as canalizacións necesarias para dotar de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros, ás vivendas e naves industriais situadas na rúa Miñato, Camiño das Regas e Cortiña do Monte e no seu entorno máis cercano.