El Grupo Municipal del Partido Popular propuso al pleno la elaboración de un plan de trabajo para impulsar el Camiño Primitivo en su tramo urbano a su paso por la ciudad para paliar la mala imagen que transmite a los peregrinos debido a la suciedad y a la maleza, el feísmo y la falta de señalización. Una propuesta que contó con el apoyo unánime de toda la corporación.
O Camiño de Santiago é unha das atraccións turísticas máis importantes de España que atrae a miles de turistas procedentes de todo o mundo, e entre as diferentes rutas existentes a do Camiño Primitivo cobra un protagonismo especial porque parte do seu percorrido desenvólvese en Lugo, por iso é necesario que se establezan accións dirixidas a dinamizar e potenciar o Camiño Primitivo para convertelo nun referente turístico e cultural de primeira orde, aproveitando as sinerxias que ofrece esta ruta que teñen un efecto directo sobre o turismo e a actividade económica.
O Grupo Municipal Popular entende que o Concello de Lugo debe actuar con liderado e poñer en marcha un Plan de medidas para converter o municipio nun referente turístico para o próximo Ano Santo 2021, que podería virar sobre tres eixos como é o de Mellorar a imaxe do Camiño para que os peregrinos o seu paso pola cidade leven un bo recordo (eliminar grafitis, adecentamento de fachadas, etc); Promoción a través da organización de actividades culturais, deportivas e gastronómicas en colaboración con asociacións e colectivos; e por último impulsar medidas que teñan por finalidade aumentar o número de peregrinos que fagan o Camiño Primitivo.
Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:
Elaborar un plan de traballo co obxecto de impulsar o camiño primitivo ao seu paso pola cidade de lugo con vistas ao próximo Ano Santo 2021.