El PSOE evitó apoyar la propuesta del Grupo Municipal Popular referente a la elaboración de un plan para detectar y eliminar los vertederos incontrolados existentes en el Concello. Un voto negativo de los socialistas que evidencia, cuando menos, la política medioambiental del equipo de gobierno.
A proliferación de vertedoiros incontrolados no Concello de Lugo, especialmente nas áreas periurbanas, está a xerar problemas ambientais e de salubridade, un exemplo o atopamos no Carqueixo onde nunha parcela de titularidade municipal volve a estar nun lamentable estado debido a sucidade e residuos existentes na mesma, e todo elo a pesar de que a Xunta de Galicia investiu preto de 150.000 euros para descontaminar a zona nos meses de novembro e decembro de 2017 onde se sacaron centos de toneladas de residuos.
Esta parcela municipal sita no Carqueixo provoca un impacto negativo sobre a paisaxe e efectos contaminantes no chan e na auga pola escorrentía e na atmosfera pola queima de rodas, aceites ou cables.
Por outra banda, hai que resaltar que ademais de restos de construción, tamén hai restos de lumes intencionados que inclusive chegaron a afectar ás árbores que se atopan no perímetro co conseguinte risco de incendio no caso de estenderse a zona limítrofes.
O Concello de Lugo debe actuar con rapidez para atallar este problema porque podería incorrer nun delito medio ambiental polos danos á calidade do aire, o chan ou as augas, nese senso faise necesario que se proceda a limpeza desta finca municipal así como a súa descontaminación, adoptando medidas que eviten que esta situación se volva a repetir, como debe ser a través do peche da finca.
Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:
- Que adopte urxentemente as medidas necesarias para proceder a limpeza e descontaminación da finca de titularidade municipal sita no Carqueixo, así como o peche e vixilancia da mesma.
- Que elabore un plan para detectar e eliminar os vertedoiros incontrolados existentes no Concello de Lugo.