El pleno de la corporación de Lugo aprueba la iniciativa que presentamos para que los autobuses urbanos de Lugo sean gratuítos para los 15.000 menores de 18 años del Concello, “seguiendo el modelo emprendido por la Xunta de Galicia en el transporte metropolitano y en de otras ciudade como Ourense”
PROPOSICIÓN RELATIVA AO TRANSPORTE PÚBLICO URBANO DE VIAXEIROS
A mobilidade é un punto de vital importancia no día a día dun Concello, e en maior medida na dinámica cotiá das nosas cidades. O custo económico que supón o transporte diario tanto para as persoas como para os Concellos, os atascos, a contaminación ambiental orixinada polos vehículos privados… poñen de manifesto a complexidade que rodea a mobilidade das cidades polo que se ven necesarias medidas que fomenten o emprego do transporte público en detrimento do vehículo privado.
O Concello de Lugo coa finalidade de fomentar o uso do transporte público urbano debería estudar medidas encamiñadas a fomentar o mesmo e que supoñan ademais un beneficio social, entre elas establecer a gratuidade do seu uso para aquelas persoas que teñen escasos recursos económicos.
De igual forma poderíase estudar a posibilidade da gratuidade para pensionistas e xubilados, e deste xeito facilitar o transporte deste colectivo dentro do noso municipio.
Outra medida a levar a cabo para fomentar e crear un hábito de emprego do transporte público entre os máis novos, sería tamén estudar a gratuidade para os aproximadamente 15.000 menores de idade que temos aproximadamente no noso municipio o que permitiría no só facilitar o uso do bus para estes mozos senón que ademais serviría para concienciarlles da necesidade de contar cunha cidade máis sustentable, limpa, con menos atascos, emisións de ruídos, por tanto unha inversión de futuro no noso municipio.
Outras medidas de cara a fomentar e potenciar o transporte público poden ser o establecemento de bonos familiares con tarifas reducidas, a creación de bonos de carácter semanal, mensual con viaxes ilimitadas nese período. Tamén de cara a un maior emprego do transporte público para acudir os centros de traballo sería interesante estudar a creación de bonos e tarifas de empresas.
Todas estas medidas e outras, foron defendidas dende o noso Grupo Municipal durante anos porque somos conscientes da importancia dun bo transporte público nunha cidade, e por iso que tamén reclamamos a constitución e convocatoria da Mesa de Traballo para mellorar a reorganización do transporte colectivo urbano de viaxeiros, a cal foi acordada no Pleno ordinario do 25 de febreiro de 2016, onde todos os Grupos Municipais e demais integrantes poidamos defender as nosas propostas de cara á tan necesaria reorganización do transporte urbano na cidade de Lugo
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE.
Instar o Goberno Municipal:
-A estudar a posibilidade de establecer a gratuidade do transporte público urbano de viaxeiros para os menores de 18 anos.
-A estudar a posibilidade de establecer a gratuidade para pensionistas e xubilados.
-A estudar a posibilidade de establecer a gratuidade do transporte público urbano para persoas e familias con escasos recursos
-A estudar a posibilidade de crear bonos familiares e de empresas con descontos.
-A que se constitúa e convoque de xeito inmediato a Mesa de Traballo para mellorar a reorganización do transporte colectivo urbano de viaxeiros, a cal foi acordada no Pleno ordinario do 25 de febreiro de 2016.