Economía

PSOE e BNG tumban a creación do rexistro de empresas mentres en tres anos multiplicaron por dous o número de contratos menores

By 25 febrero, 2021No Comments

Os populares desvelaron que en 2017 “socialistas e nacionalistas asinaron 657 contratos menores por un montante de 3.5M€, mentres que en 2020 suscribían 1.343 por un importe de 6.7M€”

Dende o Partido Popular lamentan que o bigoberno volva a excusarse “á hora de votar a favor dunha iniciativa encamiñada a dar participación aos autónomos e PYMES de Lugo nas contratacións que se realizan dende a administración local”. Para os populares resulta pouco crible que xustifiquen o seu voto en contra “coa matraca de que están en elo” unha disculpa que xa  levamos escoitado dende o ano 2018.

O Partido Popular volveu a poñer en entredito a transparencia coa que actúa o bigoberno manifestando que  “o mellor exemplo de caciquismo moderno, é que PSOE e BNG duplicaron en tres anos  o número de contratos menores a dedo: En 2017 fixeron 657 contratos menores por un montante de 3.5M€ e en 2020 firmaron 1343 contratos menores por un importe total de 6.7M€ multiplicándose por dous o caciquismo no Concello que agora hai dous gobernos de caciques a manter”.

Os populares lamentan que a alcaldesa e a responsable de economía perdese hoxe a terceira oportunidade de aclarar se a listaxe de contratos menores do portal de transparencia é veraz ou está falseada. Tamén lle recordaron que os veciños de Lugo están “fartos de chanchullos, do seu caciquismo moderno e da súa xestión de cercanías”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies