El candidato a la alcaldía de Lugo y miembros de su candidatura participaron hoy en la asamblea de los usuarios del centro de día de Cogami, en Lugo, y escucharon las aportaciones que se pusieron sobre la mesa en esta reunión que se celebra cada semana para hablar de propuestas relacionadas con este colectivo
Ramón Carballo ten un proxecto para poñer #LugoEnMarcha, un proxecto dun Lugo centrado en dar servizo ás persoas. Por iso, Ramón Carballo e o seu equipo queren dar resposta ás necesidades dos lucenses, necesidades que nacen da diversidade da cidadanía, polo que é imprescindible ofrecer recursos e solucións en diferentes vías.
O alcaldable popular e membros da súa candidatura participaron na asemblea dos usuarios do centro de día de Cogami, en Lugo, e escoitaron as achegas que se puxeron sobre a mesa nesta xuntanza que se celebra cada semana para falar de propostas relacionadas con este colectivo. Unha xuntanza que aproveitou para explicar o seu programa en materia social. Medidas encamiñadas a poñer en marcha “un Lugo activo na dinamización, na integración, na participación e na inclusión” e para iso conta con diferentes programas e accións nas áreas de maiores, igualdade, mocidade ou integración social. “Traballaremos na atención a persoas ou colectivos en situación de risco ou vulnerabilidade social sen descanso”, afirmou.
Ramón Carballo quere contar cun plan municipal do maior que se potencie con programas de voluntariado, creando a figura do mentor sénior e “aproveitando o potencial dos nosos maiores con diferentes medidas para acadar un envellecemento activo que axude a previr situacións de dependencia e favorezan unha vida máis autónoma”.
O candidato popular considera que “é fundamental potenciar servizos de atención e protección aos maiores vixiando a calidade destes, especialmente aqueles prestados mediante contratos externalizados”. Nese senso propón incrementar prazas de axuda no fogar e favorecer a implantación dun servizo de teleasistencia avanzada con dispositivos de monitoraxe a domicilio que sirvan para apoiar a autoxestión das persoas dentro do seu fogar “previndo situacións de risco e favorecendo que permanezan na súa contorna”.
O alcaldable popular quere que en materia de igualdade Lugo “abandone a postura de palabras e xestos” e converta este eido nun eixo vertebrador das políticas e accións a desenvolver a nivel municipal. Para iso prevé implantar plans e programas actualizados e acordes ás necesidades dunha sociedade moderna cun novo plan de igualdade que conteña medidas de prevención e sensibilización social, incidindo de forma especial na zona rural, onde quere abrir o primeiro centro de día da zona rural, e traballando na educación e a corresponsabilidade en coordinación coas entidades sociais que traballan pola promoción da igualdade,a loita contra a violencia de xénero e a discriminación LGTBI.
No programa do candidato popular tamén ten unha importancia capital a mocidade. De feito, foron moitos os cidadáns que achegaron as súas propostas neste eido, propostas que se escoitaron e incorporaron ao programa. Desde o Partido Popular “queremos promover a participación activa dos mozos na sociedade, dándolle valor á iniciativa xuvenil e fomentando un uso responsable do lecer para consolidar hábitos e comportamentos sociais e saudables”. É preciso fomentar o asociacionismo xuvenil, reforzando lazos de colaboración e solidariedade e creando espazos seguros destinados á súa dinamización.