Servicios sociales

Socialistas y nacionalistas se oponen a crear una línea de becas de comedor escolar

By 29 junio, 2017No Comments

Recientemente el Concello de Lugo llevó a cabo la elaboración de una ordenanza municipal de comedores escolares, para regular la gestión de aquellos que carecen de transporte escolar, de los que se estaba a ocupar sin base específica para esta actividad.

En dita ordenanza non se recolle ningún tipo de exención ou bonificación ás familias con mais dificultades económicas, para afrontar o custe deste servizo, como tampouco se ten en conta que a aportación das familias se leve a cabo en base a criterios de progresividade, tal e como se propuxo ao equipo de goberno, o que fai que esta sexa unha ordenanza inxusta e nada social.

Dende o GMPP de Lugo presentouse á mesa de Ordenanzas o pasado día 8 de xuño, unha serie de recomendacións ou puntualizacións para correxir ese modelo e facelo máis equitativo e proporcionado ás diferentes características e necesidades das familias lucenses que fan uso deste servizo.

A nosa proposta ía nos seguintes terminos:

1.- Atender a todas as cuestións que se poñen de manifesto no informe de Intervención municipal no que respecta a esta ordenanza.

2.- Establecer exencións de pago e bonificacións segundo a situación sociofamiliar dos beneficiarios.

3.- Establecer criterios de pago en base aos principios de progresividade que están a aplicarse en base ao DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

Tendo en conta que estas cuestións non serán incluídas a curto prazo xa que é preciso aprobar a ordenanza canto antes para que entre en vigor ao comezo do curso escolar, o Grupo Municipal do Partido Popular entende necesario presentar esta proposición.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Instar ao goberno municipal á elaboración dunha Orde de convocatoria de axudas relativa a Becas Comedor para o vindeiro curso, en tanto non se adapta a ordenanza cos correspondentes criterios de progresividade e bonificacións ou exencións.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies