El Rosalía de Castro es el más emblemático de todos los parques de la ciudad y uno de los pulmones de Lugo, que ofrece a los lucenses e visitantes múltiples opciones de disfrute, deporte y cultura.
Presentamos ao pleno unha iniciativa coa idea de implementar medidas que permitan poñer en valor a protección e conservación das árbores singulares, difundir os seus valores e profundar no seu estudo e na biodiversidade asociados a eles. Nese sentido, unha boa medida, sería a identificación mediante placas das árbores singulares do parque Rosalía de Castro, no que se recolla o nome común e o científico, así como as principais características.
Estas accións poderíanse ampliar a través dun código QR que dirixiría ao usuario a un catálogo dixital, no que estaría almacenado o currículo completo de cada árbore co obxecto de contribuír a fomentar o coñecemento do parque arbóreo urbano.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Local a que:
Inicie os trámites para a identificación das árbores singulares no Parque Rosalía de Castro a través dun sistema de placas e un código QR.