Cultura

Escola Municipal de Música: outro servizo municipal en risco “promesas incumpridas e caos na xestión”

By 7 Febreiro, 2025Sin comentarios

Javier Vázquez afrimou que “imos de mal en peor, o PSOE mentiu cando dixo que a incorporación do director impulsaría a escola e mentiu o BNG cando anuncio que abriría en xaneiro. Hoxe as aulas están baleiras”

Estamos xa en febreiro e a Escola Municipal de Música de Lugo segue sen abrir as súas portas. O que debería ser un servizo esencial para os 300 estudantes que se matricularon para este curso e as súas familias converteuse nun exemplo máis da falta de planificación e xestión do PSOE e do BNG.

O último capítulo deste despropósito é a carta que asina a concelleira Maite Ferreiro e que chegou estes días aos afectados na que apunta a que o atraso débese a un conflito laboral “alleo” á súa área. Como pode ser que a concelleira de Cultura diga que non teña competencias sobre un servizo municipal de educación musical?

O popular tamén lembrou como a alcaldesa dixo públicamente que cando se incorporase o director se impulsaría tanto a Escola Municipal de Música como a Banda. Ou non se entera de como está o servizo ou minte.

O concelleiro popular lembrou como o pasado 16 de outubro, o Concello aseguraba que o curso non comezaba porque estaba en tramitación a renovación da súa Xunta Directiva e que, unha vez nomeada, establecerían o organigrama docente e a data de inicio das clases.

A realidade é que catro meses despois é que as aulas seguen baleiras

Este é outro exemplo máis de como o PSOE e o BNG xestionan Lugo: con promesas incumpridas, falta de planificación e escusas contraditorias. A Escola de Música non pode seguir pechada mentres o goberno local mira para outro lado.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies