Urbanismo

O Gmpp acada o compromiso do goberno local para pechar a escalinata que une a rúa Acea de Olga coa N-VI

By 23 Setembro, 2017Setembro 25th, 2017Sin comentarios

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular agardan que este compromiso se cumpra “no menor prazo de tempo posible” para garantir “canto antes” a seguridade dos cidadáns e dos usuarios da N-VI

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo amosouse satisfeito despois de acadar o compromiso do goberno socialista para pechar definitivamente a escalinata que une a rúa Acea de Olga coa N-VI. Os populares acadaron este compromiso do goberno local na comisión de de Medio Rural, Infraestruturas e Deportes xa que se comprobou como nesta escalinata a seguridade dos usuarios non está garantida, polo que agora só resta que o goberno local estude o mellor xeito de pechala.

Nesta comisión, os populares tamén acadaron o compromiso de dar traslado ao gabinete de Tráfico da situación do cruce da Rúa Santiago coa Ronda do Carme para solventar os problemas existentes neste cruce, como son o tempo insuficiente para cruzar nun dos pasos de peóns ou arranxar a beirarrúa que remata nun talud, pero dende o Grupo Popular non se quere que este paso sexa unha nova excusa para dilatar máis no tempo a solución definitiva para os problemas desta zona.

Ademais se confirmou que o goberno local aínda está a traballar na creación dun plan de acceso á zona monumental, malia que é unha vella reivindicación do Grupo Popular, que ten como fin evitar que se repitan imaxes como a que hai unhas semanas denunciou o Grupo Municipal do PP, na que se podía ver como había varios vehículos estacionados na zona adaptada para persoas discapacitadas na Praza da Soidade. Tamén se arranxará un tramo da pista que une as parroquias de Carballido e Pedreda, que se agarda non se dilate no tempo.

Para os populares tamén foi unha sorpresa coñecer que na comisión permanente de Benestar, Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua que o goberno local non mellorará a publicidade das axudas adicadas aos usuarios do taxi adaptado en Lugo. Cada usuario pode optar ata un máximo de 800€ anuais e en todo o ano 2016 se xustificaron 740€, o que demostra que non se publicita correctamente esta axudas, máis tendo en conta que dende xaneiro a agosto deste ano se realizaron 911 servizos de taxi adaptado. Por iso, os populares insisten en que cómpre realizar unha maior difusión deste tipo de axudas para que cheguen a todos os usuarios que precisen delas.

Parques infantís

No referente á Comisión de Desenvolvemento Sostible e Persoal, os populares amosaron a súa “decepción” ao coñecer que o goberno local non renovará os pavimentos acolchados continuos dos parques infantís, “que están nunha situación moi mala”. O goberno socialista limitouse a afirmar que se realiza o mantemento dos mesmos e que xa tiñan en mente instalar en cada zona de xogos da cidade un columpio adaptado a nenos en cadeiras de rodas, unha proposta realizada polos populares.

No que atinxe aos caniles, os populares tamén se amosan moi “contrariados” ante a renuncia do goberno a arranxar as deficiencias existentes nos mesmos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies