Economía

O GMPP celebra que o Concello de Lugo reciba da Xunta 60 M € en 13 actuacións e programas

By 21 Outubro, 2017Outubro 23rd, 2017Sin comentarios

O voceiro  Antonio Ameijide  e o vicepresidente do PP de Lugo Enrique Rozas valoraron positivamente os orzamentos galegos e puxeron de manifesto que “se trata dunhas contas feitas para os cidadáns, realistas e responsables que responden ás necesidades de Lugo e que acreditan a melloría económica de Galicia con máis investimentos, menos impostos e máis emprego público”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide e o vicepresidente do PP de Lugo valoraron esta mañá os orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 no concello de Lugo, e avaliaron “de forma positiva as diferentes partidas económicas que figuran no plan de investimentos e que suman os 60.126.787 M€”.

Os compromisos da Xunta de Galicia con Lugo mantéñense e no tocante ás infraestructuras está previsto que se destinen preto de 29.132.516 €. Os populares explicaron que para o desdobramento Nadela – Sarria hai previstos 28 Millóns de euros ata o 2021. Para esta actuación se contemplan varias anualidades e para este exercicio resérvanse 250.000 € para a redacción do proxecto.

Neste paquete figuran os 52.516 € para a redacción do estudo de necesidades da estación intermodal; os 450.000 € para actuacións no Plan Paradai e os 500.000 euros para programas de vivenda como son a rehabilitación do casco histórico no marco do REXURBE ou actuacións directas da administración autonómica neste ámbito. A Consellería de Infraestructuras tamén reserva 130.000 € para transporte metropolitano.

En política social o esforzo da Xunta mantense cunha partida para o concello de Lugo que suma os  15.967.653,97 € e que se dividen en  tres bloques:

Para maiores e persoas con discapacidade destínase  9.403.949 €. O vicevoceiro popular manifestou que neste paquete de investimento en persoas figuran os 100.000 euros para a redacción do proxecto da residencia de maiores e que vén enmarcado dentro do programa Como na casa. Neste paquete tamén se inclúe o Servizo de Axuda no Fogar, o mantemento de prazas para maiores, persoas con discapacidade, con alzhéimer así como o servizo de teleasistencia.

Para programas de Inclusión Social hai unha partida de 4.058.379,13 € que se van destinar ao programa reconduce, a o RISGA e para axudas extraordinarias e programas contra a desigualdade económica.

Para a xestión do punto de encontro familiar, o mantemento de centros de menores e escolas infantis do municipio figura unha partida de  2.505.325,47. A este paquete de investimentos hai que sumar a apertura da escola infantil na zona de Paulo Favio Máximo

Outra das apostas da Xunta encamiñada á xeración de emprego é o impulso ao Centro de investigación aerotransportada de Rozas onde figura unha partida para a creación dun centro de experimentación de cargas aero transportadas así como unha actuación estratéxica para o desenvolvemento da Civil UAVS Iniciative de vehículos aéreos no tripulados para os que se prevé un investimento de  9.190.000 €.

Para actuacións en materia de sanidade consignáronse preto dun millón de euros; 250.000 € para a redacción do proxecto básico do primerio Centro Integral de saúde do barrio da residencia e  200.054 € a adecuación neste espazo da nova oficina de emprego. O investimento de sanidade complétase cos 500.000 € para o programa de coordinación da inspección de saúde pública e os 45.000 € para o laboratorio de sanidade e producción animal.

O concello de Lugo tamén se beneficiará doutros investimentos que están sen territorializar relativos á tecnoloxía, farmacia e modernización.

En canto ás Consellerías de Educación e Cultura hai que contabilizar os 500.000 euros para o novo colexio Sagrado Corazón e os 3.587.618 € equipamento auditorio de Lugo. Tamén se investirán preto de 700.000 € na reparación e mantemento da muralla (600.000 € nas obras de consolidación 4 cubos e 92.533 € no mantemento do monumento romano).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies