Zona rural

O GMPP denuncia que o goberno socialista deixa sen desbrozar “case o 40%” das pistas do Concello

By 14 Agosto, 2017No Comments

O concelleiro popular Manuel López critica que “Miguel Fernández presuma de que se desbrozarán 700 quilómetros de pistas, cando o Concello conta con máis de 1.100 quilómetros de vías”

O concelleiro do Grupo Popular Manuel López denunciou que o goberno socialista de Lugo deixa sen desbrozar “case o 40%” das pistas do Concello. O concelleiro popular explicou que a semana pasada o voceiro do goberno, Miguel Fernández, asegurou que o Concello tiña máis de 1.100 quilómetros de pistas, pero só se contratou o desbroce de 700 quilómetros. “Isto significa que o 40% das pistas do Concello quedará sen desbrozar porque por moito que traballe o tractor que o Concello ten para este fin é imposible que desbroce máis de 400 quilómetros de pistas”.

Manuel López asegura que “non é lóxico que habendo un contrato cunha empresa, a día de hoxe máis da matade das parroquias sigan sen desbrozar, sobre todo tendo en conta que en marzo, en xunta de goberno, se aprobou a prórroga do contrato de roza en pistas á mesma empresa. Non se pode permitir que cunha empresa con contrato en vigor teñamos que vivir esta situación”.

O concelleiro popular percorreu as parroquias do Concello e “a día de hoxe hai máis de 30 sen desbrozar”, unha cantidade moi importante, “e isto supón un grave risco, xa que a maleza invade as vías e os vehículos non se poden arrimar á beira, polo que o risco de accidente aumenta. Tamén sube o risco de incendios xa que todo está seco, polo que a xente das parroquias non está tranquila”.

Por iso, Manuel López insta ao goberno socialista “a que se poña a traballar nesta materia para desbrozar todas as parroquias e mellorar a imaxe do Concello, xa que esta situación repítese ano tras ano e o goberno socialista é incapaz de darlle unha solución ao mesmo”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies