Parques infantís

O GMPP pide a renovación do pavimento de caucho dos parques infantís de Lugo

By 4 Agosto, 2017Agosto 14th, 2017Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal do PP, Ana López Pombo, asegura que nos parques infantís da cidade “o pavimento, que tería que ser contínuo, presenta fendas de varios centímetros de profundidade que poñen en risco a seguridade dos rapaces”

A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ana López Pombo, denunciou a “mala situación xeral” que amosan os parques infantís da cidade, despois de realizar un chequeo ás áreas de xogos infantís en parques e xardíns de Lugo. Ana López Pombo amosouse preocupada polas “grandes fendas de varios centímetros de profundidade que se ven nos pavimentos de caucho, o que pon en risco a seguridade dos rapaces xa que se poden tropezar con facilidade”.

Para Ana López Pombo “o goberno local tería que acometer a renovación do pavimento de caucho dos parques infantís nos dous vindeiros anos, xa que a simple vista se pode ver que as reparacións que se efectuaron non foron eficaces e o único que fixeron foi empeorar o estado do pavimento, aumentado o risco para os nenos. Zonas de xogo como a de Angelo Colocci, Gallego Tato, Frigsa ou Marcos Cela son un perigo para os rapaces polas fendas que presentan”.

Segundo a popular “o estado do pavimento non se corresponde coa imaxe que debería amosar. O Concello de Lugo ten un contrato, de catro anos de duración prorrogable outros dous anos, cunha empresa para o mantemento das zonas de xogo, e que supón un custe mensual de 5.606,24€ para as arcas municipais”.

A maiores, no parque Rosalía de Castro detectáronse outras deficiencias. A vicevoceira municipal popular pide que “deberían pensar en instalar nalgunha das zonas de xogo columpios adaptados para nenos en cadeira de rodas, para que tamén poidan xogar e un areneiro, que é moi necesario”.

Ana López Pombo denuncia tamén que na maioría das áreas de xogo “vese un aspecto descoidado e, en Frigsa, pode verse lixo tirado polo chan, especialmente na zona adicada para os máis pequenos e non podemos permitir esa imaxe da cidade. No goberno teñen que tomar conciencia e pensar que as zonas de xogo para os nenos teñen que estar en óptimas condicións para que desfruten sen preocupacións”.

A vicevoceira popular pide ao equipo de goberno que “instale fontes públicas en todas as zonas de xogo, xa que nalgunhas, como a de Marcos Cela non hai fonte, e sería bo para os rapaces poder beber con tranquilidade mentres xogan”.

Parques cubertos

Ana López Pombo recorda que “dende o Grupo Municipal do Partido Popular xa pedimos que se cubrira a zona de xogos que hai na Praza de Augas Férreas e, polo de agora, dende o goberno non nos fan caso. É unha zona moi empregada polos nenos e se o cubren podería empregarse con independencia das condicións meteorolóxicas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies