Zona rural

O Grupo Popular afirma que o ínfimo grao de execución das partidas municipais delatan a renuncia do PSOE para impulsar o rural

By 16 Setembro, 2017Setembro 18th, 2017Sin comentarios

O Grupo Popular continúa co seu programa de reunións sectoriais para poñerse a disposición dos diferentes colectivos veciñais, sociais e económicos da cidade, onte estiveron coas asociacións que forman parte da plataforma “Lugo en Pé na Defensa do Rural”

O Grupo popular dentro do seu calendario de reunións sectoriais mantivo onte una nova xuntanza sectorial para ponerse a disposición da plataforma “Lugo en Pé na Defensa do Rural” conformada por varias asociación veciñais. Na xuntanza participaron tamén cargos do PP a nivel provincial como a Presidenta e o secretario, Elena Candia e Carlos Armesto. Os populares amosaron o seu apoio para que se avance no abastecemento e o saneamiento do rural de Lugo puntualizando que “sempre foron moi reivindicativos con esta cuestión”.

Ameijide aclarou que “o servizo de saneamento e abastecemento é unha competencia exclusivamente municipal (Lei de bases de Régimen Local 7/85 Artigo 25) pero, sendo conscientes de que estamos falando dun investimento de gran envergadura, é preciso contar coa colaboración doutras administracións como son a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia”.

O voceiro dos populares arremeteu contra os socialistas por perder varias oportunidades para completar este servizo unha delas “no ano 2003 cando se negaron a adherirse a un convenio que lles ofrecía o PP, sendo Conselleiro de Medio Ambiente Xosé Manuel Barreiro, no que a administración autonómica asumía o 70% destas obras e o concello debía facerse cargo do 30%. Finalmente o goberno socialista renunciou inexplicablemente a esta oferta”.

“Se nestes últimos anos non se acometeu ningunha obra de abastecemento e saneamento non foi por falta de liquidez senon por falta de vontade política” reflexionaba o voceiro popular. Ameijide destacaba algunhas  das cifras que evidencian o abandono por parte do PSOE das parroquias do municipio “no ano 2011 se orzamentaron preto de 2M€ para a zona rural dos cales quedaron sen investir o 60%; no 2012 había unha consignación de 636.000€ e quedaron sen executar o 70%; en 2013 do 1.249.000€ quedou sen executar o 65%; no ano 2014 dos 219.000€ consignados para o rural quedou un 30% sen executar; en 2015, primeiro ano da alcaldesa, se destinou un ridículo orzamento de 445.000€ o 92% quedo sen executar”.

Para os populares “tanto as ridículas previsións como o escasísimo grao de execución do orzamentado  volve desenmascarar aos socialistas” ao demostrar, “unha vez máis”, que “o que din está nas antípodas do que practican”, xa que “cánsanse de presumir de impulsar a zona rural cando a realidade é que lle destinan contías mínimas nos os orzamentos e os investimentos e por riba delo non as executan”.

“Aínda así, é algo que tristemente non nos extraña porque vén sendo a tónica habitual dos socialistas neste Concello, que nin sequera se molestaron en adicar nin un só euro á zona rural do máis de medio millón de euros procedentes do Plan Único da Deputación e nin un só euro dos convenios que asina con esta administración da mesma cor política”, explicaba Ameijide.

Por último, o voceiro popular Antonio Ameijide defendeu o tesón do Grupo Popular que foi o que permitiu que, nos últimos tempos, se fixera algunha obra no rural en alusión tanto ao plan de investimentos dos remanentes de tesourería de 2014 así como a abstención que se votou na modificación de crédito deste ano que faciitará que se fagan unhaalgunhas intervencións no rural.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies