Dende o Grupo Popular solicitan que o Concello adopte as medidas oportunas para vallar una finca de Lamas de Prado onde estaba o matadoiro co obxecto de “evitar os vertedoiros de lixo e campamentos ilegais que se concentran neste punto alertando que hai un burato con varios metros de caída”
O Grupo Popular denuncia os problemas de mobilidade, de falta de aseo urbano, de deterioro do mobiliario urbano e de seguridade no barrio do Castiñeiro. Estas son algunhas das denuncias que recolleron os concelleiros do Grupo Popular dentro do programa de visitas de barrio que realizan semanalmente para atender as queixas veciñais
O voceiro dos populares explicou que hai preocupación nesta zona pola situación da finca que onde estaba o antigo matadoiro de Abella xa que “este espazo está cheo de lixo, maleza e mesmo hai un burato con varios metros de caída que supón un risco importante”. Antonio Ameijide solicita ao goberno local a que adopte as medidas oportunas para que se valle este solar e así evitar os vertedoiros e campamentos ilegais que se concentran neste punto”.
En relación coas deficiencias de aseo urbano os populares destacan que é precisa unha campaña de desratización xa que hai localizadas madrigueras de ratas próximas a vivendas o que conleva problemas de hixiene e salubridade.
A listaxe de melloras para este barrio hai que incorporar a necesidade de eliminar barreiras arquitectónicas como o paso de cebra sen rebaixe en Alfredo Brañas, ou as excesivas pendentes dos que hai na rúa Aquilino Iglesias Alvariño. “Non estamos a falar de cuestións que requiran un gran esforzo económico”, senón que “só precisan de maior planificación e dun goberno local sensible e comprometido con mellorar o día a día dos veciños”.
A reposición de bancos, e de colectores de lixo rotos como o situado na propia praza do Castiñeiro; a colocación dunha tapa dunha caixa eléctrica da rúa Lamas de Prado e o arranxo do pavimento de Alfredo Brañas son outras das demandas veciñais deste barrio. O cambio urxente do pavimento de caucho do parque infantile é outra petición xa que está totalmente agrietado e despegado polo que supón un perigo para os nenos xogar.