Medio Ambiente

O Grupo Popular reclama a limpeza urxente dos sumidoiros de Lugo para evitar inundacións

By 24 Agosto, 2017Sin comentarios

A concelleira popular Ana López Pombo pide ao goberno local un maior control sobre  á empresa de recollida de lixo “que cobra 87.500 € ao ano polo mantemento da rede de drenaxe”  esixíndolle “que antes das chuvias retiren a  terra, plásticos, envases e colillas que tupen as alcantarillas”

O Grupo Municipal do Partido Popular advirte ao goberno local da necesidade de “poñer en marcha, canto antes, o plan de mantemento e de reforzo da limpeza dos sumidoiros de Lugo” que se aprobou en pleno, a iniciativa do PP, antes do verán”.

A concelleira do PP Ana López Pombo asegura que “urxe desatascar estes elementos de drenaxe para evitar futuras inundacións” asegurando que “no chequeo realizado, en diferentes rúas da cidade, se evidencia que non se realiza unha limpeza periódica provocando a  acumulación de terra, colillas, plásticos ou envases no seu interior”. López Pombo subliñou que mesmo “hai algún sumidoiro no que, incluso, a masa de terra e pedras xa está compactada e é imposible que se desfaga coa auga da chuvia precisando dunha limpeza moito máis profunda”.

O Plan de actuación nos sumidoiros que propón o PP inclúe, tamén, o estudo dos elementos de drenaxe suxerindo que se analice a posibilidade de modificar o tamaño, forma, ou número de unidades xa que hai zonas nas que segundo a pendente que teñan os elementos existentes poden ser pequenos ou insuficentes.

A popular afirma que a falta de limpeza dos sumidoiros é unha consecuencia directa da privatización do Servizo de Augas lembrando que o seu mantemento era unha tarefa deste departamento. “Ao desmantelar o servizo municipal os socialistas decidiron encomendar esta responsabilidade á concesionaria do servizo de limpeza e arestora descoñcemos se seguirán con este cometido ou si se vai a derivar á empresa que se encargue da xestión das augas residuais”.

Para López Pombo “non é de recibo que os veciños de Lugo teñan que agardar a que o goberno socialista tome unha decisión en firme sobre quen se responsabiliza deste traballo” . Neste momento se está pagando por un servizo que non se realiza de forma adecuada aclarando que “o orzamento para pagar a dous operarios que se encargan tanto do mantemento dos sumidoiros da cidade como do vehículo ascende a 87.500 euros”.

 No chequeo que realizou o Grupo Popular do estado no que se atopan os sumidoiros da cidade detectaron que unha boa parte dos rexistros están tupidos, tal e como o demostran as imaxes dos situados en zonas que se inundan con frecuencia cando hai trombas de auga, como son Alfonso X e tamén hai outros puntos onde a situación destes elementos non é a apropiada como os situados en Rio Azúmara (Cheda), Juana Ibarborou (Piringalla), Avenida da Coruña ou Quiroga Ballesteros, entre outros moitos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies