No debate do Estado da Cidade o voceiro popular Antonio Ameijide “esixiu prudencia, rigor, estabilidade, e busqueda de consensos sacar a Lugo da situación de desgoberno e devolver a confianza aos lucenses na administración máis cercana que é o Concello”

O voceiro popular Antonio Ameijide desgranou, durante o debate do Estado da Cidade, cales son as eivas de cada servizo visualizando con exemplos “a deriva na que os socialistas teñen ao  Concello pola súa falta de proxecto de cidade e ideas”

Os populares afirman que a política dos socialistas, neste último ano, caracterizouse polos titubeos, os bandazos e as mentiras da alcaldesa afirmando que “urxe a reorganización e reestructuración dos servizos municipais, urxe desbloquear proxectos que levan parados anos”.

O popular acusou a Lara Méndez de incumprir os principios básicos dunha política de altura criticando a súa falta de autocrítica, o oscurantismo e a falta de consensos animándoa a que no vindeiro 2018 “coide as formas para estar á altura do cargo que ocupa”. Os populares aseguran que é necesario un “cambio radical” para sacar ao Lugo do bucle de improvisación e de parálise vivido en 2017.

O voceiro dos populares iniciou a súa intervención comparándoa co protagonista de La historia interminable puntualizando que lle pasa algo parecido ao protagonista desta novela advertíndolle que “se se cree a súa propia película de Fantasía arríscase a que a confianza en Lugo siga caendo en picado, o Concello paralizado e sen atraer oportunidades para os lucenses”

Ameijide destacou que Lara Méndez “non só é unha mala xestora se non tamén unha mala pagadora” destacando que a alcaldesa, no que leva de mandato, manexou 235M€ que non conseguiu trasladar en cambios significativos para a cidade. Tamén citou os case 15 M€ que pagou a alcaldesa, neste 2017, con reparos de intervención; os 9 M€ que adebeda a proveedores; á política de confrontación aberta co persoal municipal; ao bloqueo de proxectos de infraestructuras nos barrios así como o retraso inxustificable da implantación dun novo modelo de transporte

Para os populares este 2017 foi un ano perdido porque a alcaldesa non foi capaz nin de remontar, nin de recuperar  o bo nome do concello “seguimos inmersos no mesmo caos organizativo, ou incluso peor, que hai doce meses e continúa degradándose a imaxe da institución e, por tanto, a imaxe de Lugo. Agora estamos moito peor que cando chegou”, concluiu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies