Sen categoría

Gustavo Díaz: “A 15 días de rematar o ano o goberno local non sacou as bases das axudas para entidades sociais e improvisou hoxe a aprobación das subvencións deportivas”

By 16 Decembro, 2024Sin comentarios

Os populares explican que a tan só 15 días de rematar o ano, o Concello de Lugo seguen sen publicar as bases subvencións de libre concorrencia destinadas a proxectos de cooperación e benestar social, mentres que hoxe, nunha xunta de goberno extraordinaria, aprobáronse ás présas as bases para as axudas ás entidades deportivas.
• Esta situación xera unha enorme incerteza a clubes e entidades que descoñecen que fondos van recibir para os proxectos que están desenvolvendo e para os que adiantan o diñeiro
• A xestión deficiente abarca tamén as subvencións nominativas tal e como comprobamos no pleno de novembro onde se tivo que aprobar unha modificación de crédito de 650.000 € para facer fronte aos pagos comprometidos para diferentes entidades
• O Grupo Municipal do Partido Popular considera inadmisible esta situación, xa que estamos a falar de achegas económicas fundamentais para entidades que deben presentar proxectos concretos e prever un orzamento para o seu desenvolvemento. A demora na convocatoria deixa ás entidades sociais e deportivas nunha situación de incerteza, sen coñecer os fondos dos que disporán para impulsar programas esenciais o que lles obriga a adiantar os fondos sen saber que porcentaje de axuda van recibir.
• No caso das entidades sociais, ista situación pode poñer en risco actuacións destinadas a atender a moitos lucenses que precisan axuda e para as entidades deportivas tamén supón un atranco xa que estas achegas municipais son un elemento importante para programar a tempada.

XESTIÓN DEFICIENTE DAS SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS

• Ademais, o problema do caos que hai no concello de Lugo non se limita só ás subvencións de libre concurrencia xa que tamén hai unha xestión deficiente das subvencións nominativas.
• Hai que lembrar como no pleno de novembro, o goberno local aprobou unha modificación de crédito por un importe de 657.500€ para facer fronte aos pagos comprometidos de axudas nominativas do ano 2024 para algunhas entidades culturais, deportivas e sociais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies