Dende o Grupo Municipal do Partido Popular, presentaremos no próximo Pleno 4
iniciativas relacionadas con proxectos que afectan directamente á
seguridade, o benestar e a calidade de vida dos lucenses
Seguridade e dinamización na Milagrosa e Feijóo:
Pedimos que se impulse un Plan Integral de Dinamización que priorice a
seguridade, a fixación de poboación e a consolidación de servizos. Ademais,
propoñemos a instalación dunha oficina da Policía Local na Milagrosa, para
reforzar a seguridade e a atención de proximidade.
Plan Calzada da Ponte:
A reforma deste espazo que se concluiu en decembro de 2023, púxose como
un exemplo de accesibilidade e convivencia pero en menos dun ano esta
intervención presenta deficiencias graves: inundacións, problemas de tráfico,
falta de mobiliario urbano e limpeza insuficiente.
Propoñemos un Plan de Control de Accesos, Mellora e Mantemento que
aborde todas as necesidades que plantexa a veciñanza desta rúa.
Escola Municipal de Música en perigo pola falta de previsión e o
desinterese do BNG
Estamos acabando o mes de novembro e Escola Municipal de Música non
abriu as súas portas. Ainda que xa imos moi tarde, froito do inmovilismo do
BNG, queremos que se desbloquee este servizo e se adopten as medidas
necesarias para que se inicie de inmediato do curso escolar para os máis de
300 alumnos inscritos. Teñen a solución nas súas mans cumprindo os
acordos do pleno (ano 2022 e 2023) modificando a Relación de Postos de Traballo en relación aos postos dos músicos con funcións docentes que
teñen a titulación necesaria para encadrase na categoría C1. Mentres non se
faga esta modificación que se lles pague de forma provisional un
complemento salarial polo traballo que realizan
Planta de biometano
Tamén defenderemos no pleno instar ao Concello de Lugo a liderar o
proceso de busca dunha nova ubicación consensuada para a planta de
biometano de Coeses. Este proxecto debe avanzar desde o diálogo e o
consenso, protexendo sempre os intereses dos veciños e o equilibrio do
territorio.
Ademais destas CATRO iniciativas forzaremos a que o goberno local
comparezca para explicar o conflicto laboral da gardería Gregorio Sanz
PREGUNTAS
– Queremos saber os motivos polos que, estando encargado o proxecto
para facer unha beirarrúa en Virxe da Soidade e logo de encomendar
a súa xestión a Evislusa, en 2017, ainda non se levou a cabo esta
obra. Trátase da vía na que está o colexio de As Gándaras cuxa
intervención é necesaria para mellorar a seguridade viaria.
– A transferencia de crédito de 260.669,32€ dos hortos ecolóxicos para
pagar outros proxectos, como sufragar sobrecustes dos desperfectos
do carril bici, contrasta coas afirmacións iniciais do goberno local de
que estes fondos eran inamovibles. Por iso preguntámonos os motivos
polos que agora é posible redistribuír fondos cando antes se aseguraba
que non se podía facer e tamén pedimos que aclaren se existe risco de
perder os Fondos Europeos e se se vau destinar o resto da partida dos
Hortos Ecolóxicos á construción da Protectora de Animais
– O polígono de O Ceao leva desde 2013 sen un sistema de cámaras de
seguridade. O recente anuncio do goberno local sobre a implantación
de dispositivos nos polígonos merece unha aclaración sobre que tipo
de sistema se vai a implantar e cando funcionará.
– Pedimos que se informen dos motivos polos que o Parque Infantil de
Tráfico está pechado e que se clarifique se teñen data para recuperar
a actividade e os cursos de educación vial que se impartían en
colaboración cos centros educativos. Levamos 3 anos con este servizo
sen funcionar.
ROGOS.-
– Moitas familias en Lugo enfróntanse á dificultade de conciliar a súa
xornada laboral co coidado dos seus fillos. Por iso, propoñemos
adiantar o horario do servizo de madrugadores ás 7:30 horas en
todos os centros educativos. Esta medida permitiría ás familias
organizar mellor as súas mañás, eliminando desigualdades entre
centros xa que non coinciden. Esperamos que o goberno local teña en
conta esta proposta e traballe para a súa implantación.
– Pedimos levar a cabo unha reforma integral do Parque Marcos Cela.
Esta zona precisa unha intervención urxente. A caseta de entrada pola
rúa Magoi está deteriorada, con pintadas e cristais rotos,
converténdose nun punto de botellón. Ademais, o espazo interior
require reparación de varandas, miradores, escaleiras e unha revisión
do arborado, así como a limpeza da fonte do Pilar.
– O Grupo Popular solicita a reparación e desbroce e arranxo da rúa
Fonmiñá, no Sagrado Corazón así como tamen a reparación da vía
que conecta Astrar coa Campiña que se atopa nun estado lamentable
debido ás numerosas fochancas que dificultan o seu uso. Pasados
catro meses desde que presentamos a primeira solicitude para que se
reparase, o Grupo Popular reitera o seu rogo para que esta estrada
sexa arranxada coa maior brevidade posible.