Obras

A inacción do PSOE obriga aos veciños de Galegos a cavar zanxas na contorna do local social para frenar riadas de auga

By 10 Abril, 2017No Comments

O concelleiro popular Antonio Ameijide explicou que “dende que se utiliza como aparcamento indiscriminado, o campo da festa, que é a explanada que linda coa parte posterior desta dotación veciñal próxima ao HULA, desapareceu a capa vexetal facilitando a escorrentía e provocando filtracións no edificio”

O Grupo Popular do Partido Popular reclama ao goberno local unha solución ao problema de inundacións que  se produce, nos últimos tempos, no local social de Galegos. A fachada posterior deste centro veciñal linda cun terreo onde, dende que se abriu o HULA, se utiliza como aparcamento público polo que “o que era o campo da festa con vegetación se converteu, co paso do tempo, nunha explanada de terra compacta pola que esvara a auga e lama que acaba entrando no centro veciñal”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide desvelou que o problema cada vez se agrava máis como consecuencia da erosión do terreo e pide ao Concello que “tome as medidas oportunas para que non se deteriore o local social”. O popular indicou como os veciños para frear a auga xa se viron obrigados a cavar dúas zanxas “unha en medio da parcela e outra pegada a edificación”

Seguridad vial.-

 En Galegos tamén están moi sensibilizados coa seguridade vial xa que, dende que comezou a funcionar o HULA multiplicouse o número de vehículos que pasan a diario polo barrio e, son moitos veciños de Lugo os que utilizan estas vías para acceder ao centro sanitario. Un dos cruces máis conflictivos é o  da encrucillada da rúa do Fondal coa de Castelo e a principal de Galegos “xa que carece de sinalización”. Ameijide ademáis de reclamar indicadores de dirección e sinais horizontais adecuados tamén solicita bandas reductoras de velocidade no treito que une a rúa de Galegos coa de Fondal e que os veciños reclaman pola alta velocidade coa que pasan os coches por este punto.

Pista polideportiva.-

Os populares tamén lamentan que o goberno local abandone o mantemento da pista deportiva que hai no barrio. Antonio Ameijide explicou que a porta de acceso a esta dotación está “oculta e bloqueada pola maleza polo que os veciños se ven obrigados a acceder a ela por un lateral onde a malla metálica está rota”. Outra proba da desidia dos socialistas, á hora de manter esta infraestructura,  e a presenza de toxos que invaden un lateral da cancha “o que supón un problema para os xogadores cando teñen que buscar as pelotas que saen do campo”.

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies