
O alcalde anuncia agora que buscará fondos para limpar os ríos e prepararse fronte ás tormentas. Pero os lucenses temos memoria: cada vez que hai un problema, chegan as promesas e nunca as solucións.
PSOE e BNG ignoraron propostas concretas do PP en 2017 e en 2023 para mellorar o saneamento e a prevención de riadas. Non fixeron nada. E agora, pretenden tapar a súa irresponsabilidade falando de que van pedir novos fondos.
Perderon incluso fondos como o PERTE da auga por non cumprir os requisitos mínimos de calidade técnica. Lugo quedou fóra do plan nacional para mellorar a rede de saneamento e implantar tanques de tormenta.
No proxecto “BORAMUS”, actuación 9, recóllese claramente o obxectivo de: “controlar os vertidos por saturación da rede, reducindo o risco de contaminación asociado”.
A realidade é que seguimos sen limpar os sumidoiros, sen revisar a rede de pluviais e sen plan para os episodios extremos que xa son cada vez máis frecuentes.
Lugo precisa responsabilidade, planificación e accións reais, non anuncios para tapar a súa inacción.
Somos conscientes de que Miguel Fernández leva pouco tempo de alcalde, pero ninguén debe esquecer que tamén leva no concello unha década, varios anos coma responsable directo dos asuntos medioambientais.