#FacendocidadeInfraestruturasTransporte

Lugo e Ferrol impulsan unha fronte común para reclamar a alta velocidade

By 9 Novembro, 2024Sin comentarios

Elena Candia: “Temos un reto conxunto e unimos forzas para cambiar esta realidade”

Elena Candia participou nunha acción conxunta co alcalde de Ferrol e outros cargos do Partido Popular, que se celebrou esta mañá na estación de tren da cidade departamental, para crear unha fronte común para reinvindicar a Alta Velocidade.

Este acto é a continuidade dunha folla de ruta que se marcou hai meses: “o noso obxectivo é claro: non rendernos nin darnos por vencidos: Evitar que Lugo e Ferrol sexan das poucas grandes cidades de España sen conexión coa Alta Velocidade e defender a necesidade de que as nosas cidades non queden marxinadas do Corredor de Mercadorías”.

Para contar cunha liña ferroviaria do século XXI é estratéxica a liña Ferrol – Ribadeo, tanto para a conexión das comarcas da Mariña, Ortegal e Fisterra coma para a comunicación de Galicia con Asturias e continuar cara Cantabria e Euskadi. A rede básica do Corredor Atlántico de Mercadorías debería de estar rematada en 2030 e atopámonos no momento axeitado para estudar ao detalle o Plan Director do Corredor Atlántico e promover as modificacións precisas para satisfacer as necesidades galegas.

A Presidenta do PP de Lugo e voceira do Grupo Municipal tamén destacou a importancia da unidade política: “Atopámonos nun contexto no que hai unanimidade política e isa unión hai e trasladala a Madrid para que se convirta en vontade política e orzamentaria. Da unión sae a forza e, con ela, a posibilidade de trocar esta necesidade en realidade”.

A popular subliñou a importancia do vínculo histórico entre Lugo e Ferrol, municipios irmanados que celebrarán 25 anos en 2025: “Esta conmemoración supón unha oportunidade idónea para consolidar esta alianza e traballar xuntos para conseguir os obxectivos para ambos concellos en materia de conexións ferroviarias”.

No acto lembrou como se aprobaron iniciativas no concello de Lugo, na deputación e no parlamento para que Lugo e Ferrol non queden relegadas da Alta Velocidade nin do corredor de mercadorías: “Agora queremos o apoio dos representantes do congreso e do senado para sair da marxinación na que nos atopamos con respecto ás comunicacións ferroviarias”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies