LUGO EN MARCHA CO RURAL
Un rural para vivir
- Antes de que finalice este 2019 aprobaremos o 5% do PXOM pendente para favorecer o desenvolvemento urbanístico das 54 parroquias do municipio.
- A pesar de que o saneamento e o abastecementoécompetencia municipal negociaremos con outras administracións para facer un plan que nos permita dotar destes servizos, progresivamente, a todas as parroquias do municipio.
- Dotaremos de cobertura móbil ás 11 parroquias do contorno do río Mera
Un rural para traballar
- Aumentaremos ao 95% as bonificaciónspara as solicitudes de licenzas para construción de explotacións agrícolas e gandeiras co obxectivo de impulsar a actividade agrogandeira
- Poremos en marcha un programa de mobilización de terras e parcelas, de propiedade municipal abandonadas e improdutivas, para que a veciñanza das parroquias as poida utilizar potenciando as actividades agrogandeiras e forestais.
- Impulsaremos o rural como destino turístico cunha liña de axudas para fomentar a recuperación de núcleos así como a potenciación do Camiño Primitivo aproveitando as sinerxias do Xacobeo 2021.
- Promoveremos e daremos a coñecer o patrimonio cultural e as rutas de turismoe de esparexemento nos contornos fluviais .
- Potenciaremos a feira do entroido de Nadela
- Daremos un pulo aos mercados dos martes e dos venres da praza de abastos.
Un rural pensado nas persoas
- Crearemos o primeiro Centro de día no rural estudando a viabilidade de ubicar este servizo nalguna das Escolas Rurais que hai na actualidade en desuso.
- Promoveremos un programa de dinamización para os Centros Sociais das parroquias que respondan ás necesidades dos veciños e veciñas.
- Implicarémonos na seguridade no rural con presenza da policía local en coordinación coa policía nacional
Un rural ben comunicado
- Estableceremos un sistema de transporte a demanda mediante convenio con taxistas e profesionais do sector do transporte.
- Elaboraremos un Plan de asfaltado, de mantemento e tamén de roza das pistas.
- Reforzaremos os equipos humanos da brigada de obras e da brigada eléctrica que opera no rural.
- Crearemos un inventario actualizado dos camiños rurais do municipio de Lugo
- Melloraremos o mantemento e a información dos sinais direccionais que hai nas interseccións de camiños e tamén revisaremos os carteis de localización inexistentes ou moi deteriorados dalgúns núcleos
Un rural limpo
- Nos meses de verán reforzar recollida de lixoe aumentar a frecuencia de paso xa que na actualidade os camións retiran os desperdicios unha vez á semana.
- Reforzaremos a vixilancia nos lugares onde, de forma habitual, se depositan cascallos e lixo para eliminar vertedoiros incontrolados
- Potenciaremos a compostaxe con entrega de colectores e charlas concienciación
- Impulsaremos un punto limpo móbil do rural para a recollida de aceites, electrodomésticos, medicación …