PLAN MOBILIDADE URBANA E SOSTIBLE DE LUGO
Propoñemos un Plan de mobilidade urbana e sostible que pivota en 8 accións:
- Potenciaremos o transporte urbano
Promoveremos a reestruturación integral do transporte público:
- Liñas máis curtas Con frecuencias de 10 a 15 minutos
- Transbordos gratuítos, establecendo puntos que sirvan de nós para facilitar transbordos.
- Gratuidade para menores de 18 anos, persoas xubiladas, pensionistas e familias con escasos recursos;
- Creación dunha APP para móbiles para informar, en tempo real, das chegadas de autobuses, frecuencias, enlaces e posibles incidencias no servizo
- Melloraremos a información das paradas coa posta en funcionamento dos paneiss dixitais e coa colocación de novos paneis informativos.
- Novo sistema ORA
- Propoñemos sistema de rotación gratuíto controlado directamente polo Concello cun vehículo cun sistema de lectura de matrículas ou ben con discos indicadores de hora de chegada.
- Este sistema debe instalarse en zonas con dificultades de aparcamento (casco histórico, Milagrosa, Augas Férreas, Fontiñas ou San Roque) co obxecto de dinamizar o comercio local permitindo estancias, segundo a zona de entre 30 min e 4 horas. Tamén acreditaremos tarxetas para residentes.
- Retiraremos as máquinas da Ora da cidade.
- Aparcadoiros municipais
- Ampliaremos as dimensións das prazas dos aparcadoiros municipais de Santo Domingo, Praza do Ferrol e Praza da Constitución
- Habilitaremos novos aparcadoiros disuasorios en parcelas municipais e estableceremos convenios con titulares de parcelas para habilitar novos aparcamentos disuasorios a cambio deexencións ou bonificacións.
- Sacaremos a concurso o aparcadoiro praza Viana do Castelo ofrecendo as dúas primeiras horas gratuítas de aparcamento.
- Propopoñemos realizar un estudo do tráfico e a organización do contorno da Praza de Augas Férreas para implantar estacionamentos en batería.
- Mobilidade peonil
Neste bloque propoñemos medidas que contribúan apromocionar o hábito de camiñar.
- Propoñemos acondicionar un trazado de eixes continuos e seguros que atravesen a cidade
- Crearemos #Lugocidadequecamina coa posta en marcha do metrominuto que é un plano que indica distancias e tempo entre varios puntos da cidade coa idea de fomentar desprazamentos a pé.
- Avanzaremos na peonalización da ronda da muralla acometendo o tramo da zona da Mosquera no treito que vai dende a praza da constitución e a porta de San Pedro
- Acometeremos a peonalización completa da ronda interior da muralla
- Ampliaremos o ámbito de actuación da peonalización de Quiroga Ballesteros na zona que linda coa traseira do Cuartel de San Fernando entre as rúas San Froilán e Bolaño Rivadeneira.
- Avanzaremos na mellora da mobilidade vertical actuando en novos puntos como a escalinata do barrio da estación o unha zona de Volta da Viña.
- Plan integral de protección ao peón e propostas de seguridade vial.
O obxectivo das medidas expostas é traballar coa visión de accidentes cero:
- Reforzaremos a sinalización led con detectores de presenza nos pasos peonís máis transitados e perigosos
- Faremos un mantemento periódico e melloraremos a sinalización horizontal e vertical
- Melloraremos a seguridade no contorno dos colexios
- Melloraremos a seguridad no camiño primitivo
- Promoveremos campañas de sensibilización involucrando ás crianzas na necesidade de cumprir as normas de tráfico e fomentar as boas prácticas de condución
- Desenvolveremos cursos de reeducación vial para maiores de 65 anos no parque de tráfico López Mella
- Sumarémonos á programación da semana mobilidade europea
- Mobilidade vehículo privado
Deseñaremos un mapa cos puntos negros de tráfico que contemplarán:
- A remodelación de interseccións perigosas,
- Impulsaremos a obra rotonda Alfonso X,
- A mellora ou creación de novas rotondas,
- Actuaciós en barrios como o da Ponte, polígonos industriais,
- Completaremos o Plan Paradai
Melloraremos os accesos a Lugo:
- Axilizaremos o desdobramento e a iluminación da Avenida de Duquesa de Lugo;
- Dignificaremos a entrada pola Fervedoira da Avenida Adolfo Suárez
- Promoveremos un plan de tráfico específico para mellorar a mobilidade da estrada vella de Santiago
Levaremos a cabo o redimensionamento dos carris en varios cruzamentos de Lugo para mellora de seguridad de peóns e condutores en puntos como de Pintor Corredoira coa Ronda de Fingoi; unión da Ronda da Muralla con a rúa Santiago, entre outros
- Impulsaremos o desdobramento e iluminación Ronda Norte
- Impulsaremos a execución da Ronda Leste
- Resolveremos o acceso da cidade dende a ponte branca
- Mobilidade ciclista
- Creación dunha rede integral de carrís bici pola cidade así como unir o único carril bici de Fingoi co río.
- Promoveremos o carril bici de Ombreiro
- Recuperaremos o sistema de préstamo de bicicletas
- No Parque infantil López Mella promoveremos cursos gratuítos, durante todo o ano, para circular en bici así como mellorar as técnicas de circulación
- Plan específico de tráfico para o casco histórico:
- Renovaremos o sistema de control de entrada mediante cámaras retirando os actuais bolardos
- Buscaremos ampliar o número de espazos de carga e descarga para facilitar e reducir os tempos destas operacións
- Rediseñaremos os itinerarios de paso dos vehículos dentro do casco histórico
Mobilidade e medio ambiente
- Primaremos o uso de vehículos limpos con instalación de puntos de recarga de coches eléctricos
- Renovaremos de forma progresiva por coches eléctricos os vehículos do parque móbil municipal
- Bonificacións para particulares e empresas que optan por este tipo de vehículos