PersoalSeguridade

Lugo non terá socorristas no Miño ata agosto polo retraso do Concello na súa contratación

By 20 Xullo, 2017No Comments

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide explicou que os socialistas se acolleron este ano á fórmula de solicitar a contratación anticipada e que “dende o pasado 13 de xuño teñen autorización da Xunta para dar pasos na contratación deste servizo de vixilancia dos bañistas no Miño”

O Grupo Municipal do Partido Popular critica que o goberno local “intente desviar responsabilidades da súa neglixente actuación no tocante ao retraso na contratación de socorristas para o Miño”. Os populares censuran a actitude “irresponsable” dos socialistas que impiden que este servizo de vixilancia non se preste ata o vindeiro mes de agosto.

O voceiro Popular Antonio Ameijide aclara que “este ano o Concello presentou o 8 de xuño a solicitude de subvención para contratar a 6 socorristas e que tamén reclamou a contratación anticipada dos mesmos unha petición que autorizou a Xefa Territorial de Economía, Emprego e Industria con data 13 de xuño. Dende ese momento dende o Concello tiñan luz verde para iniciar os trámites de contratación que a día de hoxe seguen pendentes”.

O voceiro popular tamén criticou que o Concello agardase ata o último día do prazo de presentación das solicitudes para entregar a documentación. Ameijide indicou que “tendo en conta que o procedemento de concesión destas axudas é de concorrencia competitiva motivou a obriga de revisar e completar todas as solicitudes antes de valorar e adxudicalas. Finalmente a comisión de valoración, reunida o 12 de xullo, propón as novas concesións das axudas ao abeiro de dita ampliación de crédito, correspondéndolle ao Concello de Lugo 5 socorristas”.

“Se a tramitación segue agora o curso normal e non hai novos atrancos e, tendo en conta, que o proceso de selección dos socorristas se celebrará o 27 de xullo o servizo de socorristas debería empezar a prestarse no mes de agosto” concluiu Ameijide.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies