Economía

By 19 Outubro, 2024Sin comentarios

Votamos en contra da suba de impostos que veñen de aprobar o PSOE e o BNG pola repercusión que vai ter sobre todos e todas nós, que xa eramos os galegos que máis impostos pagabamos e os que tiñamos o segundo IBI máis alto da comunidade.

Por exemplo, haberá incrementos do IBI de ata un 140% para preto de 15,5 millóns de metros cadrados de terreos rústicos en áreas de expansión que agora deberán pagar como superficie urbana, aínda que sen gozar dos dereitos desa clasificación ata que se esgoten as áreas do núcleo.Para corrixir esta situación, presentaremos unha proposta de bonificación para as persoas afectadas por este cambio.

Non podemos apoiar esta suba, que tamén se dará na plusvalía (ata un 20%) ou na das taxas da auga e o alcantarillado (25%), mentres o goberno local non diga a que vai destinar os 4,5 millóns de euros adicionais que vai recadar cada ano.

É máis: este aumento podía terse evitado cunha boa xestión económica que realmente atendese ás preocupacións e necesidades do noso municipio. A calquera que se lle pregunte, a bo seguro diría que edificios ou dotacións sen uso coma as Caldas do Miño, o Impulso Verde ou o carril bici non eran prioritarios.

A suba de taxas tamén obedece a outras tres circunstancias que quero que coñezas: remataron cos aforros ao dilapidar os 52 millóns de euros que había en remanentes de tesourería en 2019; teñen un descontrol económico que se viu claramente ás portas das últimas eleccións municipais (no ano 2023 gastaron máis de 15 millóns de euros) e vense obrigados a recorrer a un préstamo de 13,5 millóns de euros para financiar futuros investimentos.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies