A tensión na que desembocou o reparto de entradas para a inauguración do auditorio de Magoi é o resultado da incapacidade do bipartito para xestionar ata a máis simple das situacións.
- Os populares fanse eco da indignación que levantou o reparto de entradas para os concertos inaugurais do auditorio de Magoi, unha situación que é producto do xeito de gobernar do bipartito, pensando na foto e na propaganda e non en facer as cousas ben.
- Alcanzáronse momentos de tensión na porta do edificio de novas tecnoloxías, con berros e ata un indignado cidadán tomándoa contra dun empregado do concello, ao que agarraron pola chaqueta. As protestas chegaron tamén aos despachos dos concelleiros, coa concelleira de Cultura negando ter responsabilidade en todo o que ten que ver co auditorio e a sua inauguración e culpando directamente a alcaldía, cun asesor do lado socialista contándolle aos veciños que a prensa non reflectira correctamente a forma deseñada polo bipartito para a entrega das entradas e a alcaldesa escudándose na sua apretada axenda para non atender aos veciños que lle protestaban.
- Dende o PP sempre tivemos a dúbida de se o retraso na apertura do auditorio debíase a falta de vontade, cálculo electoralista ou incapacidade de xestión, pero hoxe despexáronse moitas dúbidas ao respecto: Paula Alvarellos é incapaz de xestionar a capital da provincia; unha cidade coma a nosa, da importancia da nosa, non pode estar xestionada por un goberno que pasa máis tempo culpándose os uns aos outros que traballando de xeito coordinado e eficiente na xestión das urxencias e necesidades dos nosos veciños.