Sen categoría

O bipartito sabe subir impostos, pero non semella saber como sacar adiante os orzamentos para o 2025

By 3 Xaneiro, 2025Sin comentarios

A alcaldesa promulgou un decreto para prorrogar o orzamento xeral municipal do 2024, mantendo a mesma deslealdade institucional e falta de respecto cara ós representantes da cidadanía coa que acostuma comportarse dende que herdou a alcaldía por fuga da anterior.

  • Os populares reclaman maior transparencia e lealdade institucional dun bipartito ancorado no escurantismo e na propaganda. Mentres outras administracións (tamén con gobernos bipartitos, coma a Deputación) presentan e aproban en tempo e forma os seus orzamentos, o concello de Lugo comeza o ano 2025 prorrogando os de 2024, un claro síntoma de esgotamento político e carencia de proxecto.
  • Dende o grupo municipal popular botamos en falla unha explicación da situación e lembramos as palabras do presidente da Deputación, José Tomé, cando afirmaba que aprobar os orzamentos de 2025 a finais de 2024 para que poidan entrar en vigor en xaneiro “es la forma de que sean verdaderamente útiles”.
  • No grupo municipal popular lembramos as escusas de mal pagador de Lara Méndez, denantes da súa fuga, cando afirmaba que o seu primeiro mandato non tivera paralizada a cidade, se non que era a consecuencia de non poder aprobar os orzamentos por falta de maioría suficiente no pleno. Agora, preguntámonos cal é o problema da súa suplente: Teñen problemas no bipartito para acadar un consenso no reparto das partidas que lle tocan a cada un? O endebedamento do concello ten algunha relación coa situación actual de prórroga dos orzamentos? As sorprendentes operacións para aprobar o pago de facturas nos derradeiros días do 2024 a pesares dos reparos do interventor están a pasar factura?
  • No mes de decembro, o bipartito foi moi rápido aprobando unha suba de impostos que non se corresponde cos deteriorados servizos públicos que se están a prestar aos lucenses, pero non semellan ter as mesmas presas para presentar os orzamentos para o presente ano. Dito doutro xeito: Saben que queren cobrar máis, pero non dan contado para qué precisan eses cartos extras (case cinco millóns de euros máis que han quitar dos petos dos lucenses).
  • No 2024, o concello solicitou un crédito de 13,5 millóns de euros para “inversións” e teñen comprometidos pouco máis de dous millóns de euros. Este nivel de execución, cando tiveron os orzamentos ao principio de ano, non pode mellorar se, no 2025, non son quén nin de presentar as contas para o presente exercicio.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies