
O concelleiro popular Javier Vázquez explicou que “os xestores culturais vían con ilusión a apertura deste novo espazo cultural, pero atopáronse co muro de opacidade e improvisación dos nacionalistas que ceden o espazo de forma arbitraria e o manexan coma se fose o seu xoguete”
O Grupo Municipal do Partido Popular levará a comisión unha batería de preguntas para esixir transparencia na xestión do Auditorio Fuxan os Ventos. Esta infraestrutura, inaugurada hai case catro meses (20 de decembro de 2024), segue sen contar cunha ordenanza de uso. A falta de normas constatamos que se está impedindo que actúen no recinto compañías e artistas poidan acceder á instalación con igualdade de oportunidades.
O concelleiro popular Javier Vázquez denuncia que o goberno do BNG xestiona este espazo de forma discrecional. Somos coñecedores que moitos xestores culturais contactaron coa Concellería de Cultura para poder utilizar o Auditorio e a resposta foi sempre a mesma: “Non hai dispoñibilidade”, “No verán pecharase por obras”, “Chamen en setembro”. O resultado é que se desincentiva o uso dun equipamento público que debería estar ao servizo de todos os lucenses.
Por este motivo preguntaremos en comisión:
– Cal é o criterio polo que se está concedendo –ou denegando– o acceso ao Auditorio?
– Hai unha relación de solicitudes presentadas e denegadas?
– Que previsións existen para que o Auditorio conte cunha programación estable e accesible para todos os colectivos culturais da cidade?
– Que obras están previstas no Auditorio durante o verán?
– Cal será o seu custo e a súa duración?
Neste contexto Javier Vázquez avanzou que “para que esta nova dotación deixe de ser o xoguete do BNG é preciso que haxa unha ordenanza que regule o seu uso con transparencia e igualdade de oportunidades para todos os lucenses”
O concelleiro do PP explica que “a realidade é que ata o de agora a súa programación é limitada, sen máis planificación que os eventos puntuais anunciados sen criterios públicos de selección. A maioría da actividades que acolleu esta dotación foron actuacións de bandas, agrupacións culturais e teatrais locais, ou galas benéficas.
Para que esta infraestrutur esté ao servizo de todos os lucenses e cumpra a súa función como motor cultural da cidade o Grupo Munciipal do Partido Popular tamén presentará unha proposición ao pleno instando ao goberno local a aprobar unha ordenanza específica que regule o funcionamento do Auditorio, que estableza: Normas claras de uso; tarifas públicas e transparentes; criterios equitativos de adxudicación.
O popular concluía lamentando que “o discurso sobre cultura do BNG non se traduza en feitos. Falaban de participación, pero os colectivos culturais seguen sen coñecer o modelo de xestión. Falaban de planificación, pero seguimos sen unha programación seria e estable”.