Medio Ambiente

O Concello de Lugo leva máis de dous meses sen responder á Xunta onde pode instalar a unidade móbil que medirá a calidade do aire en Nadela

By 7 Abril, 2025No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que desde xaneiro a Xunta de Galicia está agardando por unha resposta do Concello de Lugo para poder instalar a unidade móbil de control da calidade do aire na contorna da factoría de Tableros Hispanos, en San Xoán de Pena, e aínda non recibiu ningunha contestación.
Trátase dunha actuación recollida nunha proposición non de lei presentada polo PP e aprobada no Parlamento galego, pero que non contou co apoio do PSOE nin do BNG, xa que ambos decidiron absterse na votación. “Agora, desde o propio Concello, están a frear a súa execución ao non facilitar un emprazamento para a unidade móbil”, explica a concelleira popular e deputada autonómica Cristina Sánz.
“O PSOE e o BNG falan moito de ecoloxismo, pero cando hai que actuar, desaparecen ou poñen paus nas rodas” insistindo en que o que debería ser unha prioridade está paralizado por falta de vontade política”, lamenta Sánz.
Desde o Grupo Popular reclaman ao goberno local que reaccione e facilite de inmediato a localización necesaria para instalar o equipamento. “Non pode ser que o Concello de Lugo sexa un obstáculo cando se trata de protexer a saúde dos nosos veciños e garantir un aire máis limpo para todos”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies