#ascousasdelara#LugoaExameInfraestruturas

O Concello de Lugo sufre un novo revés ao non recibir os fondos europeos previstos para levar a cabo tres proxectos no Cuartel de San Fernando

By 30 Xullo, 2023Sin comentarios
  • O Concello de Lugo non recibirá os fondos europeos previstos para un proxecto que, unha vez máis, –xa no ano 2022 quedara fora doutra liña de axudas– representa a falta de ambición e de peso político dunha alcaldesa que vende fume con fins electoralistas pero que volve a ver como o “seu goberno” non se implica cos proxectos da súa cidade.

 

  • A resolución destas axudas ven a poñer de manifesto o engano do equipo de goberno aos lucenses e a outras administracións. A alcaldesa sentouse co presidente da Xunta de Galicia a negociar un proxecto ocultando que tiña os “seus deberes” sen facer. É o momento de pedir desculpas a toda a veciñanza por unha forma de actuar, o engano, que impide desenvolver proxectos relevantes para a cidade.

 

  • Lara Méndez emprega o cargo de alcaldesa para facer de anfitrioa de cargos socialistas que non buscan máis que a foto pero que na realidade non adquiren ningún compromiso co municipio.

 

  • Dende o ano 2005 os lucenses levamos esperando que o Concello de Lugo lle dea un uso a este edificio que, co paso do tempo, cada vez sofre un maior deterioro e incrementa o custo da súa rehabilitación. Un modo de actuar recorrente para este goberno que replica este modo de actuar nun auditorio que manteñen pechado dende que o recibiron en xullo de 2020, co conseguinte deterioro que está a sufrir.

 

  • Os populares demandan un compromiso serio que contemple unha folla de ruta concreta para loitar por sacar adiante un proxecto que leva moitos anos reclamando responsabilidade e realismo por parte do goberno municipal. Os lucenses xa están cansos de castelos no aire, de promesas incumpridas e da falta de seriedade que se reflicte en anuncios de obras que, unha vez tras outra, quedan en “papel mollado”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies