O PP consegue, co consenso de varias administracións, avances para arranxar o aparcadoiro do entorno do Campo de futbol de As Gándaras
VENRES 31 DE MAIO DE 2024
• O PP afea a Alvarellos e a Arroxo por intentar confundir á cidadanía con falsidades sobre a titulariedade do solar que está nas inmediacións do Campo de futbol de As Gándaras recriminándolles que durante anos responsabilizaran á Xunta da situación do firme cando a finca era do Goberno de Sánchez.
• “Ou ben sabían perfectamente de quen era titulariedade estes terreos e minten de forma consciente, ou ben descoñecen o propietario co que é unha temeridade acusar sen ter a certeza de que faltan á verdade”
• Para Elena Candia calquera das dúas opcións reflicte “a política de medias verdades e de confrontación permanente coa Xunta” matizando que “temos a un PSOE e un BNG que deciden convertirse na oposición ao goberno autonómico, e que adican máis esforzos a xerar novas en contra del que en xestionar cuestións da súa competencia”
• Candia explica que “os avances para desbloquear esta obra de acondicionamento son froito do consenso” manifestando que “nós cumprimos a palabra dada, traballando e contrastando información de diferentes institucións que logo trasladamos ao goberno local “coa máxima transparencia e absoluta lealdade para impulsar a mellora desta zona de aparcamento”