O concelleiro popular Antonio Ameijide preocupado por que os socialistas de Lugo “lonxe de corrixir a política de parches nas obras de pavimentación e abastecemento continúan amparando intervencións incompletas como a da rúa V Pimentel”
O Grupo Municipal do Partido Popular acusa ao equipo de goberno de estar anclado nunha permanente política de parches. Antonio Ameijide resumía, desta forma, o goteo de intervencións en diferentes rúas da cidade e que o goberno local está “deixando incompletas ou mesmo nalgúns casos presentan unha situación case peor do que estaban antes das obras”.
Á listaxe de actuacións inacabadas, que o PP vén denunciando nos últimos meses, hoxe incorporan a obra da rúa Alcalde Vicente Pimentel onde “a chapuza chega a tal punto que nunha ollada se ven perfectamente os parches do firme xa que a maior parte da vía quedou sen asfaltar”.
O popular conminou ao goberno local a que ademáis de concluir o firme desta vía se aproveite esta intervención para mellorar a sinalización e a seguridade vial da rotonda de acceso á Avenida das Américas “é necesario canalizar o tráfico neste punto,e buscar solucións seguras para os peóns xa que estamos falando dunha das glorietas máis perigosas da cidade”.
Ameijide considera inxustificable que o goberno local sega cometendo estas chapuzas nas obras municipais “e máis, cando teñen diñeiro para facelas, con cargo aos fondos do Plan de investimentos que apoiou o PP”. O popular lembrou que “dende hai ano e medio están xa feitos os proxectos e o deseño dos traballos”. O popular manifestou que “o caso da rúa V Pimentel vén a ratificar que “non hai un seguimento adecuado das obras e que os socialistas, máis preocupados polo futuro do seu partido que polo goberno da cidade, non acaban de aterrizar”.
Esta non é a única obra incompleta do programa de actuacións que se incluían con cargo aos remanentes de tesourería do ano 2013. Os populares xa denunciaron problemas en Ramos Misioné ou os que pode haber en Rof Codina ou Noriega Varela.
Ameijide amosou a súa preocupación porque “o descontrol do goberno local afecta non só a este paquete de actuacións senon que é unha tónica que se repite no resto das obras en rúas da cidade”. O edil popular indicou como “un exemplo de libro da política de parches, que practica o goberno socialista de Lugo, é a obra de Monte Adairo con Pía Páxaro, nas Gándaras”. Na rúa que finalmente se pavimentou, logo de sufrir un parón de meses, quedaron defectos de execución moi graves: mal rematadas as cunetas, baches pronunciado e unha unión nefasta co asfalto do resto da vía”.