Cultura

O PP afirma que o feito de que se bote de menos a Orozco é sintomático dun goberno baleiro

By 23 Maio, 2016No Comments

 O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira considera “decepcionante” o primeiro ano do goberno socialista destacando “as dificultades na xestión e a falta de iniciativa dos de Lara Méndez”

O voceiro popular valorou en rolda de prensa o primeiro ano de goberno de Lara Méndez como “decepcionante” afirmando que “seguen anclados nas directrices que marcaron, hai anos, Liñares e Orozco. Os socialistas lucenses non foron capaces, en doce meses, de cambiar de rumbo para sacar ao Concello da parálise e combater, deste xeito, a mala imaxe que proxecta a institución”. Para os populares o feito de que os lucenses “boten de menos a Orozco é un síntoma claro de que o goberno local non funciona e que hai que tomar as rendas dunha vez por todas”.

Castiñeira subliñou as  dificultades na xestión dos socialistas: con  proxectos de cidade  bloqueados (PXOM; PEPRI …), con  dotacións en barrios en compás de espera (Biblioteca Piringalla, Colexio Sagrado Corazón …), con servizos municipais con déficit acumulado de millóns de euros (guindastre municipal) e con empresas con contratos caducados (algúns dos máis chamativos os da xestión do ciclo da auga) e acordos municipais que non se tramitan como a municipalización da ORA.

O goberno socialista “é un goberno sen iniciativa que elude asumir responsabilidades” e que “leva a cabo un traballo máis de oposición a gobernos do PP, na Xunta ou no goberno central, que de traballo propio para resolver os problemas do día a día dos lucenses”. Nese senso, o voceiro popular destacou o baixo grao de execución dos acordos plenarios e o hábito que teñen os socialistas  de apropiarse de iniciativas doutros grupos para presentalas como da súa autoría.

O voceiro do Grupo Popular concluíu que este primeiro ano de mandato dos de Lara Méndez foi “un ano perdido, de bandazos pola súa indefinición e a súa falta de proxecto de cidade”. Castiñeira pide á alcaldesa e aos seus concelleiros “que se apliquen” porque un ano no goberno “é tempo dabondo para organizar tanto o persoal como os servizos e liderar un proxecto de futuro para Lugo”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies