EconomíaTransparencia

O Gmpp amosa a súa preocupación trala publicación do informe de transparencia municipal

By 12 Xullo, 2017Xullo 18th, 2017No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do PP, Antonio Ameijide, asegurou que “pediremos explicacións ao goberno local para sabe como se chegou a esta situación e das medidas a adoitar xa que cómpre revertir esta situación”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, amosou hoxe a súa “gran preocupación” trala publicación do informe de transparencia municipal que realiza Transparency International e no que “o Concello de Lugo descendeu 10 postos en tres anos e perdeu máis de medio punto”.

Antonio Ameijide lamenta “a baixa puntuación en canto a transparencia, de só 71.9 puntos, que acada o Concello de Lugo polo que é preciso tomar medidas urxentes para trocar o necesario e así revertir a situación”.

Neste senso, o voceiro popular anunciou que “pedirá as explicacións oportunas ao goberno local” e urxirá ao equipo de goberno “a facer do Concello de Lugo unha administración transparente”.

Antonio Ameijide amosa a súa preocupación “xa que o Concello está a case 20 puntos do que se consideraría o mínimo esixible para a administración en canto a transparencia”.

Ademais, un dos datos máis preocupantes para o popular é “a caída en tres anos de case 27 puntos en transparencia en materia económica e financieira”.

Ameijide sentenció mostrando a súa “preocupación por tódalas novas que rodean ao goberno local que segue estancado sen escoitar ao pleno e aos cidadáns, mantendo unha parálise absoluta”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies