A concelleira Ana López Pombo denunciou “o lamentable estado no que se atopa o paseo do Miño, ao seu paso ao carón do Balneario, e que pode supoñer un grave perigo para a integridade das persoas”
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ana López Pombo, denunciou o “lamentable estado no que se atopa o paseo do Miño, ao seu paso polo Balneario de Lugo, unha vía que empregan a diario centos de lucenses para pasear ou facer deporte e que supón un grave perigo para a integridade das persoas”.
Ana López Pombo incidíu en que “o goberno local non se preocupa nin o máis mínimo polo estado desta vía. A imaxe que da é lamentable. O camiño está desfeito e nunca se preocuparon por arreglalo. Ademais, as tormentas das últimas semanas empeoraron o estado da vía e aínda pode ser peor coas previsibles tormentas de verán que están por chegar”.
Por iso, Ana López Pombo exise ao goberno local “unha actuación inmediata nesta zona para eviar calquer tipo de perigo para a cidadanía xa que se un vai despistado é moi sinxelo que torza un pé ou caía ao chan”.