Varios membros do Grupo Municipal do Partido Popular visitaron o barrio de A Cheda onde comprobaron o mal estado xeral do barrio e da rúa Pousadela
Varios concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular realizaron unha visita ao barrio da Cheda, dando continuidade ás visitas que os membros do grupo municipal realizan aos barrios da cidade para coñecer de primeira man as demandas dos veciños, onde comprobaron de primeira man o mal estado xeral da rúa Pousadela e outras zonas do barrio. Neste senso dende o Grupo Municipal do Partido Popular “solicítase ao goberno local que leve a cabo o acondicionamento da rúa Pousadela xa que a maleza invade varios tramos da rúa. Esta é unha vella demanda dos veciños do barrio. Non pedimos tanto xa que se trata dunha intervención sinxela e que dignificaría este acceso. Tamén queremos remarcar que as poucas iniciativas que se desenvolveron neste barrio nos últimos anos foron a proposta do Partido Popular”.
Ademais, os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular que visitaron o barrio comprobaron a “insólita situación da rúa Río Sar, na que hai unha farola dando servizo nun punto no que non hai vivendas nin beirarrúas. Sería moito máis productivo pensar en acondicionar esta vía en lugar de sinalizar un prado”.
Doutra banda, dende o Grupo Municipal do Partido Popular tamén se solicita unha actuación na rúa Azúmara xa que a maleza dificulta o paso das persoas nun tramo estreito da vía que é usan só os peóns.