Medio AmbienteZona rural

O Gmpp pide que se limpe a vía XIX ao seu paso pola parroquia de Coeo

By 10 Xullo, 2017Xullo 18th, 2017No Comments

O concelleiro do Grupo Popular Manuel López lamenta que esta zona podería empregarse para a pasear ou practicar deporte pero “non é posible porque a maleza invade o camiño e non permite o paso”

O concelleiro do Grupo Popular reclama ao goberno local  a limpeza vía romana XIX ao seu paso pola parroquia de Coeo. Manuel López afirmou que “se o goberno local apostase en serio pola promoción deste  itinerario turístico-cultural non permitiría que a maleza invadise case tódolos tramos do camiño”. O edil do PP, que percorreu esta vía ao seu paso pola parroquia de Coeo, subliñou que é complicado camiñar “xa que maleza invade a senda, polo que non é posible empregar este camiño para camiñar o pasear en bicicleta”.

O popular explicou que o goberno local “leva máis de tres anos sen facer o mantemento e a limpeza da vía XIX” e que “os tramos do camiño que están despexados é porque os veciños os limparon para acceder as fincas que hai na súa contorna ou porque ao pasar cos seus tractores aproveitan para despexar o camiño”.

O popular lembrou que “os socialistas gastaron, hai anos, fondos FEDER en arranxar esta vía” lamentando que dende o concello “non se realice un mantemento periódico do itinerario” e recriminándoles que “tampouco planifiquen a súa promoción”. Manuel López manifestou que, dende que no ano 2008, rematou o proxecto europeo Vías Atlánticas o goberno local unicamente programou unhas “mínimas actuacións para promocionar a vía XIX: dúas caminatas e un paseo xeolóxico en 2015”.

“É unha mágoa que despois dos esforzos realizados se esquenzan de desenvolver o ambicioso proxecto de revalorizar esta ruta do itinerario de Antonino de innegable valor patrimonial, ambiental y cultural” reflexionou Manuel López.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies