Transporte urbanoZona rural

O GMPP propón que o novo modelo de transporte urbano contemple a súa chegada a Santa Comba

By 3 Agosto, 2019Agosto 6th, 2019Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López explica que na actualidade o bus urbano chega ata a entrada de Tablicia, onde da a volta, deixando así de lado á parroquia de Santa Comba, na que residen 255 veciños

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López propón ao concelleiro de mobilidade, Rubén Arroxo, que valore a posibilidade de ampliar a ruta da liña 11D, que na actualidade chega ata a entrada de Tablicia, para poder dar unha solución aos 255 veciños de Santa Comba, que nalgún caso teñen a parada actual a máis de 2 quilómetros das súas casas.

Manuel López explica que esta modificación non suporía un gran cambio para a liña, pero si para os veciños de Santa Comba, que verían como o bus chega moito máis cerca do que o teñen na actualidade. Para iso, o concelleiro popular sinala que na parroquia xa hai unha marquesiña de bus abandonada, polo que “limpándoa e acondicionándoa” se daría servizo aos veciños desta parroquia. Ademais, neste punto hai espazo suficiente para que o transporte urbano poida dar a volta sen problemas.

Un exemplo gráfico do que suporía esta modificación para os veciños de Santa Comba é que moitos deles gañarían moito tempo, xa que a maior parte deles teñen a parada a máis de 2 quilómetros das súas casas, como poden ser os veciños de Teigueselle, por exemplo. “Coa distancia que teñen que camiñar hoxe en día, nos meses de verán fan unha ruta cardiosaudable, mentres que nos meses de inverno fan a ruta da pulmonía, polo que falamos dunha mellora considerable”, finalizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies