Deportes

O Gmpp urxe ao goberno local a realizar as obras necesarias nas pistas Gregorio Pérez Rivera para recuperar a homologación

By 20 Xullo, 2017Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP, Enrique Rozas, non entende que “o goberno local pida agora unha prórroga para realizar os traballos a final de verán, cando tiveron case dous anos para facer os traballos”O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, desvelou esta mañá en rolda de prensa que “as pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera, perderon a homologación que tiñan por parte da Real Federación Española de Atletismo”. Enrique Rozas asegurou que segundo a circular 86/2017 da Federación “aprobouse, en cumprimento do Regulamento de Homologación de Instalacións Atléticas, dar de baixa as instalacións de máis de 20 anos de antigüidade nas que non conste que se realizou ningún informe de verificación, concedéndose un prazo dun ano para regularizar a súa situación e, entre esas instalacións atópanse as pistas lucenses”.

Enrique Rozas asegurou que “non é de recibo para a cidade nin para os atletas que estas pistas perdan a homologación, máis se temos en conta que a primeira reunión da Federación sobre este tema foi en novembro de 2015 e concedeuse un prazo dun ano para realizar as obras necesarias, pero, a día de hoxe, aínda non fixeron nada”. O popular engadiu que “parece que este tempo é pouco para o equipo de goberno, que vén de pedir unha prórroga á Federación para realizar estes traballos a finais deste verán”.

Por iso, Enrique Rozas urxiu ao goberno local a que “realicen as obras de mellora e adaptación á normativa actual para que as pistas lucenses obteñan de novo a homologación por parte da Federación e así se poidan celebrar de novos competicións nas que as marcas sexan válidas para os atletas”.

Neste senso, o vicevoceiro municipal popular asegurou que “despois de ver o estado no que se atopan estas instalacións é necesario que o equipo de goberno tome conciencia de que é necesario realizar un investimento nesa dotación, xa que, como mínimo, hai que reparar e repintar as rúas, cambiar os valos de competición, limpar os fosos e renovar a gaiola de lanzamento de disco e martelo”. Ademais, Rozas engadiu que “é necesario acometer outros traballos de menor calado, pero igualmente importantes, como arranxar os aseos que se atopan estragados, mellorar a imaxe das bancadas e realizar unha limpeza de todo o complexo para eliminar as herbas que proliferan xuntos a muros ou portas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies