O vicevoceiro municipal popular Enrique Rozas denuncia “a lamentable situación na que se atopa esta dotación, con numerosas engurras e incluso una parte levantada que impide xogar con seguridade aos nenos”O vicevoceiro municipal popular Enrique Rozas denunciou “o lamentable estado no que se atopa a pista de baloncesto do polideportivo de Frigsa, que nas súas actuais condicións impide calquer tipo de práctica deportiva xa que se atopa totalmente inutilizable por mor das engurras que ten e a que unha parte da instalación atópase levantada, o que impide xogar con total seguridade aos nenos”.
O vicevoceiro popular denunciou que “este non é o único inconvinte que ten a pista, xa que o estado das canastras é manifestamente mellorable. As redes están rotas e os acolchados de seguridade atópanse fixados con cinta para evitar que caian”.
Enrique Rozas desvelou que por mor “do mal estado da instalación, esta non pode albergar ningunha competición deportiva desde o mes de xaneiro para evitar calquer tipo de accidente aos usuarios”.
O popular tamén aproveitou para lamentar que “a situación que mostra esta instalación débese a unha nefasta intervención. Segundo o fabricante o material do chan da pista ten unha garantía de 30 anos, pero neste caso non durará tanto xa que os traballos de instalación que se realizaron non seguiron as recomendacións do fabricante, o que fai que se reduza considerablemente a durabilidad do mesmo”.
Rozas cre que “a mellor solución é levantar toda a pista e realizar unha nova instalación desde cero, xa que calquera tipo de reparación sería un risco xa que non hai evidencias de que se poida actuar sobre a pista actual para deixala en condicións óptimas”.