Praia Fluvial

O goberno local vota en contra de que a Xunta, CHMS e Concello traballen de forma conxunta para dotar a Lugo dun espazo de baño público

By 29 Febreiro, 2024No Comments

XOVES 29 FEBREIRO DE 2024

  • O goberno local votou no pleno deste xoves en contra de que a Xunta de Galicia, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Lugo avancen no proxecto para dotar a Lugo dun espazo de baño público.
  • O Grupo Municipal Popular propoñía, a través dunha emenda, que as distintas administracións con potestade sobre a conca fluvial traballaran conxuntamente para buscar a alternativa máis viable para que a cidade dispoña de zona de baño público.
  • A voceira popular, Elena Candia, considera “inexplicables os argumentos do goberno local para xustificar o seu voto” e cre que con esta acción “xustifican que só lles interesa para debate político”.
  • A popular subliña que “o goberno local ignora o informe da UNESCO” que no seu informe sobre o proxecto de construción dunha praia fluvial na zona núcleo da Reserva da Biosfera de Terras do Miño conclúe que  “se pode poñer en risco a continuidade das distincións especiais da Unesco que atesoura o Concello de Lugo”.
  • Candia dixo durante a sesión plenaria que “os lucenses deberían ter dende fai moitos anos un espazo de baño público” e amosou “man tendida”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies